lunes, 29 de abril de 2019

FER, IRIS E LOIS

Esta semana tanto Fer como Iris trouxeron ao centro diferentes medallas para explicar como as gañaron.

Ademais, con Xabi e Lois na clase aprendemos sobre o Prestige e a súa historia.




LECTURAS

FAMILIA DE HELENA

Tivemos a sorte de contar o xoves da semana pasada co pai de Helena. Moitas gracias Lito por participar con nós nesta nova actividade.

Aquí deixamos algúns exemplos do ben co pasamos escoitándoos:

Libro: Pinocho


Día do libro

23 de abril día do libro

Despois de agardar varios días de mal tempo, hoxe por fin celebramos o día do Libro.

Estivemos lendo aos máis pequenos e compartindo impresións, historias e moitas sorpresas. Exemplos disto son os libros de realidade aumentada onde gracias as tablets podemos contar contos dunha maneira diferente.

Por outra banda, o alumnado de primeiro colaborou na xornada escolar repartindo marcapáxinas para o resto de nenos e nenas do centro como un agasallo para lembrar este día tan especial para nós.

Un día onde os libros saen das súas casas para amosarse de excursión polo patio do centro.

Agardamos que vos guste a idea e a proposta de como o realizamos, xa que foi feito con moito "love".



MOEDAS

APRENDENDO COAS MOEDAS

Neste apartado de xogos deixaremos diferentes xogos cada semana para que poidades repasar e desfrutar aprendendo dunha maneira máis divertida/lúdica.

Facede clik na imaxe de abaixo e poderedes xogar en 3, 2, 1...xa!!!

Agardamos vos gusten! 


3º RETO

3º RETO

Como unha semana máis temos un novo reto preparado. Esta semana o reto estará relacionado cos vosos intereses. Que vos gustaría traballar nestes derradeiros meses de cole?

Desta maneira intentaremos rematar o curso traballando os vosos gustos e aprendendo tod@s con tod@s e de tod@s.

Gracias por participar no blogue e colaborar tanto con nós familias.

Moito ánimo para esta semana!!!


TANGRAM

XOGAMOS AO TANGRAM


O tangram é un xogo tradicional do país chinés onde facilita a atención dos nosos nenos e nenas. 

Para iso, traballaremos primeiro as diferentes figuras para poder completar debuxos como o seguinte:



Nesta semana aprenderemos moitas novas cousas!

martes, 23 de abril de 2019

VOLTA AO COLE!!

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Resultado de imagen de DIA DEL LIBRO PICTOSHoxe celebramos o día do libro. Durante a xornada de hoxe faremos actividades en función das lecturas lidas, así como pintar diferentes marcapáxinas.

Ademais, comezamos unha nova semana e polo tanto un novo reto. Como celebramos durante estos días o día do libro, o novo reto estará adicado a esta temática.

Polo tanto moita atención!


UN RETO LITERARIO

Adiviña adivinanza, 
un novo libro leerás 
se queres coñecer
 unha nova historia xa!!!

Lévao enrriba,
pésalle todo o día
a súa mestra o aconsella
e o neno alégrase.

De qué libro estamos a falar?





O CAZO DE LORENZO

miércoles, 10 de abril de 2019

IOGA

TERCEIRO TRIMESTRE

Comezamos un novo trimestre traballando os valores como moitas veces pedíadesme na clase.
Sí, por fin fixemos Ioga.

Aquí déixovos un vídeo sobre como intentamos poñer en práctica diferentes figuras segundo a postura que tiñamos que poñer.



Agardo desfrutemos moito o que nos queda!!!




SUMAS LLEVADAS

¡SUMAMOS LAS LLEVADAS!

Este trimestre empezamos las mates con nuevos conceptos. Un ejemplo, son las sumas llevadas.

Os dejo un vídeo muy divertido para aprender y repasar estas sumas con juegos:


Os dejo algunos ejercicios o actividades que podáis repasar. Nos vemos en clase!!!!!!!

martes, 9 de abril de 2019

TEA

NÓS COMPROMETÉMONOS

A raíz da campaña " Yo me comprometo con el Autismo" tivemos a idea de facer a nosa propia. Tivemos en conta unha serie de pasos:

1º- Visualizamos o seguinte vídeo:




2º- Elaboramos a nosa campaña co noso eslogan


3º- Fixemos un infinito no patio do centro



4º- Participamos con todo o centro na elaboración dun infinito coas nosas huellas.

A BARALLA DAS MATES

A BARALLA DAS MATES

A baralla non soamente serve para xogar coa nosa familia, amizades... senón que tamén nos facilita aprender matemáticas.

Un exemplo é como podemos sumar e restar empregando seis cartas e traballando por equipos cooperativos.




Esta semana (8-04-2019) traballamos tamén elaborando problemas.



OS SENTIDOS

XOGO DOS SENTIDOS

Todas as semanas intentamos, unha vez que subimos do recreo ou do comedor, relaxarnos de múltiples maneiras.

Unha que nos gusta moito é a de descubrir o que se atopa máis alá da vista, polo que desenvolvemos moitísimo o sentido do tacto en actividades deste tipo.

Aquí podemos ver unha mostra de como se expresan os nosos cativos:





LETRAS GALEGAS

ANTONIO FRAGUAS

Resultado de imagen de antonio fraguasEste ano dende primeiro queremos celebrar as Letras Galegas dunha maneira un tanto especial.

O autor homenaxeado é Antonio Fraguas

Algunhas das actividades complementarémolas a través de pequenos textos que resumen a súa obra literaria, ademais de saber acerca da súa vida.
Para traballar dunha maneira más significativa este día intentarémonos poñer na pel do noso autor. 

Ningún neno/a terá que mercar nada, senón que intentaremos na casa atopar algunha camisa, boina, chaleque que estea en desuso para darlle moita imaxinación ao que temos pensado realizar.

Moitas gracias pola vosa colaboración!



MOCHILAS MOLONAS

LECTURAS MOI DIVERTIDAS

A semana pasada tivemos a sorte de ter uns lectores moi coidadosos, xa que contáronnos unhas historias xeniais. Ademais, tivemos unha nova sorpresa. Unhas mochilas viaxeiras moi, pero que moi molonas.

A ver que nos agarda esta semana!



lunes, 8 de abril de 2019

2º RETO

2º RETO

SEMANA DO 8 AO 12 DE ABRIL


Adiviña, adivinanza...

Voo sen ás,
 asubío sen boca,
 azouto sen mans,
 e ti non me ves.

Que é?

viernes, 5 de abril de 2019

SEMANA CULTURAL


SEMANA CULTURAL
 DE
 1º E 2º DE E.PRIMARIA


Levamos varios días recollendo todas as fotografías que sacamos os diferentes mestres para, neste vídeo, poder mostrar o ben que o pasamos.
Desfrutamos todas moitísimo, así como experimentar novos espazos adicados a poder aprender de maneira lúdica e significativa.
 Agardamos vos guste e calqueira aportación podedes deixala nas mensaxes.

Unha aperta e boa fin de semana!

 

martes, 2 de abril de 2019

ROSALÍA DE CASTRO


UN RAP POR ROSALÍA

Aínda que fai semanas que celebramos o día de Rosalía de Castro, aquí podemos ver aos nosos cativos e cativas rapeando por ela.
Son uns artistas!!!
 


FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...