Mostrando entradas con la etiqueta CONMEMORACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONMEMORACIÓNS. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2020

VENRES DE XORNALISTAS



Durante esta semana os Xornalistas do Pichel seguiron preparando as súas investigacións sobre aqueles temas que máis lles gustan.

Hoxe Rodrigo quere mostrarnos algo, ao igual que Ángel que seguiu medindo a alguén moi importante para él.








A vindeira semana contaremos con máis sorpresas.

Tamén queremos salientar este venres a celebración o pasado 13 do Día dos nen@s hospitalizados.

Moitos participaron cos seus debuxos, audios e incluso saíndo na radio (minuto 36)





Agardamos vos guste.


Pero sobre todo, queremos darvos as gracias por presentar todos os vídeos e fotos para o día da famillia.






Estade moi pendente ao longo do día que seguro que haberá novidades.

Un saúdo e boa fin de semana pequech@s!!

jueves, 14 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANAL

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como vimos traballando durante estos días, este ano as letras galegas sofren algunhas modificacións.

Unha delas é que non se pode celebrar o día como nos gustaría.

Algúns profesores elaboraron diferentes propostas e xogos que podedes ver no blog da biblioteca.




Por outra banda, o profes Miguel tamén nos pon a bailar un poquiño polo que vos deixo o enlace ao seu blog.

A teacher Laura tamén segue mostrando tarefas moi interesantes a onde podedes ter accesso.

Lembrade que hoxe remata o plazo para entregar unha foto ou vídeo para celebrar o día da familia.

Tamén tedes ata mañá para poder enviar algún conto, poema, debuxo, cómic para celebrar o día das letras galegas.

Moito ánimo rapazas e rapaces que o estades a facer xenial!

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

 
Levamos semanas traballando a lectura, como poder animar os días dun xeito máis lúdico e sobre todo, didáctico. 


Dende a nosa clase para o blogue da biblioteca fixemos o seguinte vídeo onde damos consellos e ánimos para seguir desfrutando de cada unha das letras que compoñen as palabras que forman textos tan fermosos como os que lemos a diario.






Para iso tamén realizamos uns marcapáxinas decorativos.


                         

Tamén neste día do libro, podemos escoitar o conto que recibimos da nosa compañeira Iris. Un conto que nos lembra o compañerismo e a solidaridade, como tamén nos leu Alba V.









lunes, 29 de abril de 2019

Día do libro

23 de abril día do libro

Despois de agardar varios días de mal tempo, hoxe por fin celebramos o día do Libro.

Estivemos lendo aos máis pequenos e compartindo impresións, historias e moitas sorpresas. Exemplos disto son os libros de realidade aumentada onde gracias as tablets podemos contar contos dunha maneira diferente.

Por outra banda, o alumnado de primeiro colaborou na xornada escolar repartindo marcapáxinas para o resto de nenos e nenas do centro como un agasallo para lembrar este día tan especial para nós.

Un día onde os libros saen das súas casas para amosarse de excursión polo patio do centro.

Agardamos que vos guste a idea e a proposta de como o realizamos, xa que foi feito con moito "love".



martes, 9 de abril de 2019

TEA

NÓS COMPROMETÉMONOS

A raíz da campaña " Yo me comprometo con el Autismo" tivemos a idea de facer a nosa propia. Tivemos en conta unha serie de pasos:

1º- Visualizamos o seguinte vídeo:




2º- Elaboramos a nosa campaña co noso eslogan


3º- Fixemos un infinito no patio do centro



4º- Participamos con todo o centro na elaboración dun infinito coas nosas huellas.

viernes, 5 de abril de 2019

SEMANA CULTURAL


SEMANA CULTURAL
 DE
 1º E 2º DE E.PRIMARIA


Levamos varios días recollendo todas as fotografías que sacamos os diferentes mestres para, neste vídeo, poder mostrar o ben que o pasamos.
Desfrutamos todas moitísimo, así como experimentar novos espazos adicados a poder aprender de maneira lúdica e significativa.
 Agardamos vos guste e calqueira aportación podedes deixala nas mensaxes.

Unha aperta e boa fin de semana!

 

martes, 2 de abril de 2019

ROSALÍA DE CASTRO


UN RAP POR ROSALÍA

Aínda que fai semanas que celebramos o día de Rosalía de Castro, aquí podemos ver aos nosos cativos e cativas rapeando por ela.
Son uns artistas!!!
 


FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...