Mostrando entradas con la etiqueta ESPECIALISTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESPECIALISTAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

FIN DE CURSO

Bos días meus linces ibéricos!

Parece mentira pero xa chegou o día onde estaríamos recollendo todo, facendo unha boa festa, comendo e bailando como nós o sabemos facer. 




A pesares de ser algo tan atípico o luns vémonos en principio ás 20:00h para despedirnos dunha maneira máis formal.


Publícovos as misións finais de PT e AL que nos enviou a profe Lara mediante o seguinte vídeo.




Como sabedes eu para o ano que ven continuo no cole, pero hai profes como Marta e Miguel que o vindeiro curso estarán noutro centro. Hoxe queren decirvos unhas palabras e que seguro nos farán unha visita e vos desexan o mellor para o vindeiro curso. 


Agora toca desfrutar e seguro que pasaredes un bo verán. Vémonos o luns no cole para a recollida de material e despois pola tarde para dicirnos unhas derradeiras palabras e recomendacións para as vacacións.

Un bico moi forte e desfrutade desta boa fin de semana que semella o tempo vai acompañar.

domingo, 7 de junio de 2020

SEMANA DO 8 AO 11 DE XUÑO

PROGRAMACIÓN SEMANAL

Comezamos coa penúltima semana.

Esta semana hai diversidade de exercicios, pero sobre todo do que poidades ir facendo. Como hai diferentes niveis na aula, esta semana funcionamos mesturando todo tipo de actividades. 

O que preciso é que vos guste o que vos poño, non quero agobios e facede segundo as vosas posibilidades. Todo o que o traballo feito durante todo o ano tívose en conta.

Polo tanto, mañá na clase online seguiremos a repasar algúns contidos como por exemplo as multiplicacións, así como algunha sorpresiña preparada.

Tamén quero remitirvos que xa rematamos con SNAPPET. Este venres será de xogos.

Comezamos en 3, 2, 1.



DICTADO CORRIXIDO

¿Por qué las luciérnagas producen luz?
Las luciérnagas son unos insectos que pertenecen al grupo de los escarabajos. Las hembras producen luz porque en el abdomen tienen unas sustancias químicas que las hacen brillar por la noche. Por esa razón, las podemos ver en la oscuridad.


MULTIPLICACIÓNS- SOLUCIÓNS


XOGAMOS AO TRIVIAL



XOGAMOS AO BINGO


NEREA ÁLVAREZ     XABI       ALBA BECERRA       IAGO          NEREA CANOSA



ELVA                 LÚA             AINHOA                 IRIS            MANUEL



ADRIÁN            RODRIGO         ÁNGEL               HELENA              IRIA



MIGUEL            HUGO              FERNANDO          LEO                 MARTÍN




ALBA VARELA              LOIS                      TOMY             DANIEL FERNÁNDEZ



LUNS 8- CLASE ONLINE

Realizaremos un pouco de cálculo como as multiplicacións da pasada semana, polo que é necesario a ficha dos cadradiños. Tamén boli borrable e outro que non poda borrarse.

Revisaremos os libros de ciencias e mates. Practicaremos o ditado de Lengua Castelá no que á tarde poderedes corrixir.

Os exercicios de casa serán:

MATES: ficha 25 de cálculo e operacións. Ficha 27 de problemas

    LG-CCNN: páxina 62; 63 (exer.2-3)

AS FORZAS





O profe Miguel envíavos novas propostas de baile para pasalo moi ben durante estos días. Así poderedes repasar as cancións que traballáchedes neste curso.
Un saúdo moi forte de Miguel e a súa compañeira, a guitarra Lola. 



MARTES 9

EDUCACIÓN FÍSICA






MATES: ficha 12 de tratamento da información e 28 de problemas

LG-CCNN: páxina 64 (ex.2); páxina 65 (2,3), páxina 66 (lectura); páxina 67 (ex.3).


MÉRCORES 10



RELIXIÓN CATÓLICA




MATES: ficha 26 de Cálculo e operacións,  ficha 29 problemas

LG-CCNN: Lectura páxina 68-69;Páxina 88 (ex.2,3). 

PASADO- PRESENTE- FUTURO



XOVES 11

MATES: ficha 29 cálculo e operacións e 13 de tratamento da información.

LG-CCNN: páxinas 70 (ex.2,3), experimento páxina 71 (ex.1,2). Viaxe ao pasado, páxina 104 lectura. (ex.3,4) 


PASO DO TEMPO 





PON O NOME A CADA ETAPA


LENGUA CASTELÁ-VALORES-PLÁSTICA

    Esta semana na área de lengua castella, valores e plástica imos realizar unha liña do tempo. Por cada ano, imos atopar unha fotografía e escribir unha oración. Déixovos o exemplo do vídeo realizado polo alumnado de 3º sobre esta magnífica actividade. Polo tanto, a actividade ten que estar ben escrita con moi boa letra e presentación en LENGUA CASTELLANA.


VENRES 12- XOGOS

Este venres o dedicaremos a practicar mediante o xogo.

LG       



   


domingo, 31 de mayo de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

COMEZAMOS UN NOVO MES, O MES DO VERÁN


ALGO DE MÚSICA PARA COMEZAR A SEMANA 



Que tal foi o fin de semana biosbardos/as?

Tedes moitas gañas de aprender novas cousiñas?

Na clase online contareivos algunha delas, así que moito ánimo para esta semana.

Quérovos moito!!!1



LUNS 1- CLASE ONLINE

Hoxe na clase realizaremos un gráfico sobre o tempo, relacionado coa ficha 14 de tratamento da informacion de matemáticas. 

Practicaremos as multiplicacións, así como traballaremos novos conceptos de ciencias. 


Tamén daranos tempo a ler un pouquiño e facer un dictado. 


MATERIAL PARA Á CLASE:
folla ou caderno onde poida facer o "examen de multiplicacións", estoxo, calendario, bolis borrables e un non borrable de cor negro ou azul.


LG-CCNN: explicación sector servicios, productos naturais e elaborados. Ficha

LC: realización do dictado na clase online

MATE: explicación prisma, pirámide e corpos xeométricos redondos.

CORRECIÓN DICTADO 
¿Cómo era la primera flauta?
El instrumento musical más antiguo que se ha encontrado es un hueso que se utilizaba como instrumento de viento. Se trata de una especie de flauta que fue hallada en Alemania y tiene una antigüedad de más de 35.000 años.



CORRECIÓN MATES: resutado 

   


MARTES 2

No día de hoxe terei que ir ao cole, isto non quere dicir, que podades ir vós. Estamos intentando organizar a maneira de que podamos recoller o material e dárvolo en persoa. Polo tanto, na mañá non poderei atender as vosas suxestións. 

CCNN-LG:  propiedades dos materias. Páx: 52, (ex.4), 56, 57 (ex. 2, 3 e 4). Ficha 2

LC: ficha 17 de escritura

MATE: ficha 24 de cálculo e ficha 10 de xeometría

EF: pinchar na imaxe e veredes que xogo tan divertido preparou a profe Marta




MÉRCORES 3

     CCSS- LG: Experimento caseiro. O aire é materia? Pesa?

     LC: ficha 18 de escritura
    
     MATE: ficha 26 de problemas e 11 de xeometría 

    VALORES E PLÁSTICA O IMOS FACER O VENRES


XOVES 4

       CCSS- LG: máquina simples e complexas. Ficha
      Tipos de enerxía. Ficha

      LC: ficha 19 escritura

     MATE: ficha 11 tratamento da información



VENRES 5- SNAPPET

Intentaremos sacar unha foto coa nosa familia, así como unha foto de corpo enteiro soamente do neno. 
Por outra banda, realizarase un debuxo onde se recollen todos os momentos do ano. Así, como un debuxo da nosa clase. Nestos dous debuxos debe aparecer o nome e os apelidos, que os debuxos estean ben pintado, repasado con rotulador, limpo e clariño, é dicir, que se entenda ben.
Esta actividade prefiro que ma enviades tanto as fotos, como as fotos dos debuxos polo correo electrónico: baixomesmoceo@gmail.com


    MATE:
        o   Unidade 14, exer.8 (examen)
        o   Unidade 15, exer.1 (seguro e imposible, posible) e 2 (simetrías)

       LC: unidade 4, exercicios 4 (son /k/) e 6 ( vocabulario)

         LG: unidade 13, exercicio 4 (a coma) e 6 (suxeito e predicado)




jueves, 14 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANAL

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como vimos traballando durante estos días, este ano as letras galegas sofren algunhas modificacións.

Unha delas é que non se pode celebrar o día como nos gustaría.

Algúns profesores elaboraron diferentes propostas e xogos que podedes ver no blog da biblioteca.




Por outra banda, o profes Miguel tamén nos pon a bailar un poquiño polo que vos deixo o enlace ao seu blog.

A teacher Laura tamén segue mostrando tarefas moi interesantes a onde podedes ter accesso.

Lembrade que hoxe remata o plazo para entregar unha foto ou vídeo para celebrar o día da familia.

Tamén tedes ata mañá para poder enviar algún conto, poema, debuxo, cómic para celebrar o día das letras galegas.

Moito ánimo rapazas e rapaces que o estades a facer xenial!

lunes, 11 de mayo de 2020

MÓVETE NA CASA

MOVÉMONOS

A profe Marta, como ven sendo de costume, ten preparado novas actividades.

Esta semana toca os xogos tradicionais.

Podedes enviarme fotos se queredes tamén, pero non é necesario.

Un saúdo moi forte da profe Marta.



MISIÓN PT E AL

NOVA MISIÓN
Como tódalas semanas dende o Departamento de Orientación sempre están a innovar. Esta semana toca unha misión moi creativa.

Agardamos que vos guste!





martes, 5 de mayo de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANAL

Como todas as semana a profe Marta sempre nos ten preparada algunha sorpresa.

 Estades listos para darlle ao cante? 

Veña moito ánimo con estes restos


miércoles, 29 de abril de 2020

REPASO SEMANAL



Ola pequech@s!

Estades traballando moi pero que moi ben. A letra cada día mellor, a presentación debemos de coidadla e sobre todo ollo con escribir nas marxes do novo caderno. 




Dende a aula de Educación Física, Marta preparouvos estos novos retos chulísimos.:PINCHAR NA IMAXE




Tamén dende PT e AL teredes que investigar sobre da data do voso aniversario. Así que moito ánimo! PINCHAR NA IMAXE




O venres non teremos clase porque é festivo. O mesmo ocorre o luns, día 4 de maio, xa que era o festivo que como centro collíamos. Sentíndoo moito, o luns non teríamos clase online pola aplicación Cisco. 

En breves recibiredes unha mensaxe no Abalar Móbil remitido polo centro escolar.

O prometido é débeda polo que vos deixo un vídeo da explicación da multiplicación.



Por outra banda, algúns compañeiros están moi motivados e andan argallando un vídeos explicativos. Todo aquel que queira explicar algún contido dado ata o momento pode facer un vídeo moi cortiño de entre 1 ou 2 minutos e o subiremos ao blogue.



Eu adáptome aos vosos intereses e demandas. Como os bos cociñeiros e cociñeira.

 Así que,  OÍDO COCIÑA!!!!







Déixovos un pequeno esquena sobre a parte dada en ciencias esta semana: as Comunidades Autónomas. PINCHADE NA IMAXE 








sábado, 18 de abril de 2020

MÓVETE NA CASA

Esta semana a profe Marta preparou un súper xogo divertidísimo.

Canto imos practicar tod@s. Estou desexando comezar!



martes, 14 de abril de 2020

NOVA MISIÓN AL- PT


NOVA MISIÓN

As mestras Lara e Carmen, como o mestre Suso queren propoñervos unha nova actividade. Coma sempre será moi divertida.

Podedes empregar os mesmos vídeos que me enviáchedes xa algún de vós para esta nova actividade, ou gravar outros novos.

Lembrade envialos ao correo de: ptalpichel@gmail.com

Tamén podedes ao noso da clase para publicalos tamén no blogue no apartado de CONTACONTOS: baixomesmoceo@gmail.com

Moito ánimo e a ler!!!!!!!!!!!!!!!!



jueves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO



Hoxe día 2 de Abril celebramos, como fai un ano no centro, o Día Mundial de Concienciación do Autismo.


Aquí vos deixo un lazo por se queredes pintar de múltiples cores e un conto súper chulo. 










FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...