Mostrando entradas con la etiqueta XORNALISTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XORNALISTAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2020

VENRES DE XORNALISTAS

XORNALISTAS DO PICHEL

Bos días familias e biosbardos/as!

Chegamos ao noso derradeiro venres de Xornalistas do Pichel. Penso que foi unha sección moi productiva, xa que a maioría de vós así mo confirmáchedes. Sodes uns auténticos reporteiros/as, xa que penso que esta forma de dar clase foi moito máis divertida e significativa para tod@s vós. 


Agora toca desfrutar do fin de semana e para iso déixovos algún vídeo para mover o esquelete, así como os Xornalistas explicando os seus intereses.
    














O fin de curso xa está ahí, e aínda que non pensábamos que sería así, quedan uns días para desfrutar da vosa compañía.


O luns coma sempre, tanto no horario de mañá como de tarde, dedicarémolo sobre todo a falar. Facer unha reflexión de como foi o confinamento, as clases, o material... 

Faremos unha primeira parte dedicado ao encontro entre todos nós, pero tamén na segunda parte as familias poderedes dar os vosos testimonios, falar de que cousas se poden mellorar de cara vindeiros cursos e que nos sirven de retroalimentación a nós como docentes.



Un saúdo moi forte e apertas mil. Déixovos algún novo xogo un pouco diferente, agardo que vos guste. O luns falaremos de que tal vos foi!

Deica o luns!!!!!!!




viernes, 5 de junio de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

 XORNALISTAS DO PICHEL

Para comezar o fin de semana déixovos este xogo que me pasou unha familia. 

Seguro que vos gusta moito!





Comezamos coas explicacións das nosas/os Xornalistas do Pichel...


Elva e o ciclo da auga na súa casa



Iria e a súa explicación da masa (peso en gramos) 
e o volumen





Hugo e a súa investigación moi visual
 sobre os animais



Alba e o animal que investigou,
no verán o escoitámolo moito.




Seguimos a aprender con Alba Varela




Rematamos cun animal que lle gusta moito a Iris





Tamén vos deixo a Misión Final de AL e PT





Moi boa fin de semana familia e lembrade para o luns, volver repasar as táboas que vou facer novos exercicios como a pasada clase.

Desfruta da familia!


viernes, 29 de mayo de 2020

VENRES DE XORNALISTAS

OS XORNALISTAS DO PICHEL

Os nosos protagonistas desta semana traballaron diferentes temas. Os seus intereses son os que a continuación poderedes observar e sobre todo, algunha que outra sorpresa que prepararon.


Lúa e o seu animal investigado

                                     

Repasamos con Nere o corpo humano




Fer e as súas experiencias!


Por outra parte, tamén vos deixo algunha ficha de repaso das táboas de multiplicar para o luns.



Repasade tamén a lectura como tódolos días. Pero sobre todo, desfrutade tamén do fin de semana e do bo tempo.



Unha aperta moi grande!


FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...