viernes, 12 de junio de 2020

VENRES DE XORNALISTAS

XORNALISTAS DO PICHEL

Bos días familias e biosbardos/as!

Chegamos ao noso derradeiro venres de Xornalistas do Pichel. Penso que foi unha sección moi productiva, xa que a maioría de vós así mo confirmáchedes. Sodes uns auténticos reporteiros/as, xa que penso que esta forma de dar clase foi moito máis divertida e significativa para tod@s vós. 


Agora toca desfrutar do fin de semana e para iso déixovos algún vídeo para mover o esquelete, así como os Xornalistas explicando os seus intereses.
    














O fin de curso xa está ahí, e aínda que non pensábamos que sería así, quedan uns días para desfrutar da vosa compañía.


O luns coma sempre, tanto no horario de mañá como de tarde, dedicarémolo sobre todo a falar. Facer unha reflexión de como foi o confinamento, as clases, o material... 

Faremos unha primeira parte dedicado ao encontro entre todos nós, pero tamén na segunda parte as familias poderedes dar os vosos testimonios, falar de que cousas se poden mellorar de cara vindeiros cursos e que nos sirven de retroalimentación a nós como docentes.



Un saúdo moi forte e apertas mil. Déixovos algún novo xogo un pouco diferente, agardo que vos guste. O luns falaremos de que tal vos foi!

Deica o luns!!!!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...