Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUA. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de abril de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANAL

PROGRAMACIÓN SEMANAL


VENRES 24 DE ABRIL DE 2020
Comezamos a traballar os venres, tal e como quedaramos, coa aplicación de SNAPPET.

Lembrade que tedes que entrar co voso usuario e contrasinal.
As tarefas son as seguintes:

  • LG:
    • Unidade 10, actividade de competencia lectora
    • Vocabulario: o monte
    • Familia de palabras
    • O luns faremos un ditado (preparade os bolis tanto azul como negro, así como o caderno en A4 a doble pauta)
  • MATE
    • Tema 11, cálculo exercicio 4
    • Tema 11, problemas exercicio 5
    • Tema 12: repaso das táboas de multiplicar (6,7,8 e 9)
    • Tema 12: calendario
  • LC 
    • Tema 1,actividade  5 o abecedario
    • Tema 1, actividade 6 as adivinanzas
    • Tema 1, actividade 8 repaso
Hoxe tamén é o que coñecemos polo venres das emocións, así que vos deixamos o enlace do blogue da bilbio como unha curtametraxe moi entretida.




Boa fin de semana pequech@s!


XOVES 23 DE ABRIL DE 2020


Hoxe celebramos o día do Libro. Déixovos un marcapáxinas para que pinten os nenos. Podedes enviarme algunha foto de como quedou.


                                



  • Actividade de LG: lectura do conto "O tempo do revés" e ficha de escritura. Data de entrega: o xoves 30 de abril. 
  • Subirei o vídeo do Día do libro ao longo da mañá.


  • Mate: repasamos tablas del 6, 7, 8 e 9.
  

 

  





MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2020

Na xornada de hoxe intentaremos realizar as seguintes tarefas en función das áreas que tocarían traballar no cole:


  • LG: Ditado na libreta ou folio do seguinte texto

Hoxe, mércores 22 de abril, celébrase o día da terra. Nós no colexio aprendemos durante este ano que temos que coidala. Temos tres reglas básicas: reducir, reciclar e reutilizar. Para celebrar este día realizaremos un debuxo sobre a o noso Planeta Terra. Poder ser nun caderno, folio, facendo unha manualidade.
Seguro que vos queda xenial. Moito ánimo!

Este sería o ditado, polo que no aspecto de valores, todos xuntos podemos ver o seguinte vídeo e facer un debuxo sobre o noso Planeta Terra. Pintado, decorado, como vos guste a vós.




  • MATE: repasamos as táboas de multiplicar: 2, 3, 4 e 5.
  

  

  • REPASAMOS LC: imos empregar para esta actividade un xornal, revista ou calquera outro documento que teñades por casa para poder recortar palabras e clasificalas en 4 columna. Lembraremos polo tanto os tipos de palabra en función das sílabas: monosílabas, bisílabas, trisílabas e polisilabas.




Tal e como algunha familia comentábame, déixovos de novo o enlace do blogue da Teacher Laura.
No apartado, 2º GRADE, está todo o material que a profe de Inglés vos vai subindo. 
Temos que lembrar que sobre todo é importante a parte auditiva, de ahí os vídeos e apps de xogos que recomenda. Un obxectivo de 2º de EP en inglés, non é a escritura. Así pois, non vos preocupedes que todo o importante está no blogue de inglés. Podedes revisar diariamente as actividades xa que son moi divertidas e amenas.



MARTES 21 DE ABRIL DE 2020

Dentro de dous días celébrase o día do libro. Estivemos traballando durante a semana pasada a expresión oral mediante as diferentes lecturas. Propóñovos para o día de hoxe as seguintes actividades:


CCNN-CCSS-LG:
1º. Pensar e escribir dous versos que rimen e teñan relación coa lectura. 

Por exemplo:

Se che gusta ler,
tes moito que aprender.

Desta maneira traballamos a rima, lingua galega e, tamén, a creatividade para o día do libro poder facer algo orixinal.

2º. Enviádesme as vosas propostas polo Class Dojo e se está perfecto, podedes incluso gravalo no móvil e enviarmo por Google Drive ou correo electrónico: baixomesmoceo@gmail.com

LC: practicamos as adiviñas (primeiro completan a ficha e antes de darlle a "Terminado" sacádelle a foto e podedes enviarma por Class Dojo)



MATE: repaso sumas e restas levando, xogo de tangram. Se non podedes acceder déixovos algunha ficha para xogar ao tangram:


Repaso multiplicacións, podedes escribir o resultado:

  

EF: esta semana a profe Marta preparounos unha serie de rutinas para realizar na casa e manternos en formar. Que ben o imos pasar tod@s!



Para rematar o día con moita enerxía, déixovos ao profe Miguel e ao seu grupo de Cholo e Nela coa nova canción a cerca de Ficar na casa e lavar moi ben as mans.






Hoxe comezamos unha nova semana pero dunha maneira diferente. O xoves celebraremos o día do libro, aínda que o levamos traballando durante esta semana pasada a través de diferentes contacontos.

Na xornada de hoxe como temos programado, ás 10:30 teremos unha reunión entre as familias a través da aplicación da Xunta de Galicia Cisco Webex. Intentaremos resolver tódalas dúbidas que se teñan e propoñer unha serie de medidas para levar a cabo este derradeiro trimestre.

Así pois, esta semana programo a partir das decisións que se tomen en dita reunión.

Non obstante, deixo as actividades para o día de hoxe:

LUNS 20 DE ABRIL DE 2020
  • Mate: repasamos as táboas de multiplicar co seguinte xogo de cálculo. 
Ficha interactiva, a primeira de todas facer e non fai falla imprimir: multiplicacións 

domingo, 19 de abril de 2020

COMEZAMOS A SEMANA CON NOVOS CONTACONTOS

O domingo recibín novos contacontos. Hoxe comezamos a semana podende escoitar estos contos tan fermosos das novas compañeiras. 

Moitas gracias a tod@s pola vosa participación.

Comeza contando o seu conto Ainoha...




Remata Nerea...


sábado, 18 de abril de 2020

FIN DE SEMANA DE CONTACONTOS

Para desfrutar do fin de semana. Algúns nen@s quixeron transmitir os seus contos e así podemos divertirnos escoitando e vendo aos nosos compis de aula.


Comeza Alba co seu conto...




Séguelle Iago...





Remata Nerea...







Grazas a tod@s por participar, estamos encantados, tanto a profe Lara, Carmen e Suso, coma min con tanta participación.

viernes, 17 de abril de 2020

CANTOS CONTACONTOS

Hoxe despedimos a semana cunha morea de contacontos.

 Estamos súper contentos e agradecidos de todo o traballo que estades a facer. 

Seguide así, sodes unhas campionas e campións!!


Elva comeza dándonos a benvida.



Continúa co seu contacontos



Segue Fernando...



Agora tócalle a Iria...





Continúa Hugo...


Ángel tamén nos prepara un contacontos...



Alba cóntanos un conto que nos gusta moito...


Lois tamén nos adica un tempo para contarnos un conto...




jueves, 16 de abril de 2020

SEGUIMOS A CONTAR CONTOS

Hoxe Manuel e Leo quixeron tamén participar contando os seus contos.

Que ben o fan todos estos nen@s!




miércoles, 15 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

CONTACONTOS - MES DO LIBRO



MES DO LIBRO E DOS CONTACONTOS


Como todas as promesas que vos fago tamén as cumpro, quero que durante este mes contemos moitos contos. 

Hoxe comecei con este vídeo de como me sinto e canto noto a vosa falta.

Para facer máis animado este tempo de confinamento nas nosas casas, propoño que cada un de vós conte un conto e o poñamos nesta apartado de contacontos que está adicado ao día do libro. Podedes facermo chegar como ata agora ao correo: baixomesmoceo@gmail.com

Agardo vos guste esta iniciativa, xa que hai moitas novas que ides a descubrir día a día.

Un bico enorme e desfrutade deste agasallo.

COMO LA TRUCHA AL TRUCHO!



 Conto sobre quererse a un mesmo


FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...