Na área de matemáticas, como tódolos días podedes facer unha folliña do método Quinzet, se o outro día facíamos a primeira páxina, hoxe continuamos coa páxina 5, así xoves sería a páxina 6 e venres a páxina 7, xa que aínda que son días festivos é práctica que é bo facer.
Quero lembrarvos, que mañá e pasado non subirei ningún material adiccional xa que é festivo, penso que tedes bastante nos enlaces e ademáis das aplicacións que xa estiven revisando e
gústanlles moito aos
peques.
Polo tanto, o horario de hoxe sería este, xa que terían inglés polo que poden repasar o que fixeron na aula (días da semana, partes da casa,...), e en valores, hoxe todos xuntos analizaremos a canción,
Codo con Codo.
Non obstante, quería iniciar unha idea. Gustaríame que cada un de vós pensaxe hoxe como se sinte,
que cousas valora de estar na casa, cales bota en falta, como lle gustaría que cando volva a rutina da
súa vida espera mellorar, porque desta situación temos que aprender algo, e todos e todas ímolo poñer en práctica, eu a primeira.
Por iso, na medida do posible, agardo darvos unha sorpresa e que vos guste.
Todos esos comentarios podedes facelos no propio blogue, xa que vou abrir unha novo fiestra que
poña " ¿?".
En ciencias repasade todo o que vos puxen nos enlaces, xa que non podo adiantar materia nova tal e
como o pon nas instruccións indicadas pola Xunta de Galicia.
Iso si, vós podedes ir lendo e investigando pola vosa conta o que traballaremos máis adiante, a lectura non ocupa lugar, jajaja.
Estou a vosa disposición e seguide aguantando para que esta situación mellore.
Calquera cousiña me ides comentando.