lunes, 16 de marzo de 2020

DENDE A MIÑA FIESTRA

DENDE A NOSA FIESTRA

Bos días familia, bos días nenas e nenos!

Ante esta situación tan inusual temos que verlle o lado positivo. Lembrades cando ás veces non nos saen as cousas ou mesmo eu teño erros como o de pintar a caixa? Lembrades o que fixen? Se a caixa non vai pintada como eu quero, pois intento darlle máis vida con cores inusuais. 

Con esta situación pasa o mesmo. Que podemos aproveitar para aprender con isto?
  • 1º Estamos coa nosa familia máis tempo e é unha oportunidade para coñecernos máis
  • 2º Imos ter contacto directo tódolos días conmigo, xa sexa mediante o blogue como pola aplicación do Class Dojo
  • 3º Levaremos a cabo as mesmas rutinas que no cole (revisión do calendario apuntando o día que é hoxe, cal foi onte e cal será o de mañá, o tempo que fai, que día vai antes, cal vai detrás...) Para iso subireivos un documento para que o podades facer na casa como facemos no cole.
Polo tanto comezamos a expoñer o diario que iremos facendo diariamente coas actividades a realizar.

VENRES - DÍA 13 DE MARZO DE 2020
As actividades a realizar seguirán o modelo do horario que se ten marcado e aprobado na Progración Xeral Anual e na propia Programación de Aula.

  • 1ºh: Mate (ficha 26) Numeración
  • 2ºh: Inglés
  • 3º h: Relixión/valores 
  • 4º h e 5º h: Ciencias, xa que na aula estaríamos realizando o proxecto de Educación Responsable (Reflexarte co profesor Suso).
Polo tanto, sería CCSS e LG (páx: 40, 41, 42).

LUNS- DÍA 16 DE MARZO DE 2020
  • 1ºh: Rutina de aula (el número sería el 16 en el día de hoy), así como ficha 20 de LC, apartado Ortografía

Resultado de imagen de NUMERO PROTAGONISTA plantilla
  • 2ºh: Mate (ficha 20 de cálculo)
  • 3ºh: Música 
Presentación da artista e fichas de repaso onde poden pintar os nen@s:
https://www.compostelacultura.gal/sites/default/files/unidade_didactica_post_de_aqui_para_ala.pdf (intentade primeiro facer os exercicios que vos gusten sen mirar as respostas e despois o correxides como nós na clase)

  • 4º h e 5º h: LG e  CCSS (páx: 43, 44,45,46,47 e 48) xa que é a lectura do novo tema.
Así pois... LEMBRADE
Envíovos toda a programación desta semana, iso sí, por favor ide facendo cada día os exercicios que correspondan. Non adiantedes traballo.











ENLACES DO DOCUMENTO ANTERIOR:
No blogue non me deixa subir o documento e teño que ir sacándolle fotos.



ENLACES PARA XOGAR

Envíovos enlaces para xogar e facer sumas e restas levando, descripciones (https://materialeducativo.org/fantastico-material-para-trabajar-la-descripcion-con-animales-en-primer-y-segundo-grado-de-primaria/)


https://www.orientacionandujar.es/2018/08/07/escritura-creativa-a-traves-de-descripciones-de-personas/ipcións...
https://www.eduludik.com/bingo-sumas-restas/
https://www.orientacionandujar.es/2015/01/16/material-manipulativo-el-bingo-de-las-tablas-de-multiplicar-editable/

Crucigramas
https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/cuadernillo-crucigramas-animales

Sudokus

https://www.sudoku-online.org/

Juego de diferencias

https://www.epasatiempos.es/buscar-diferencias.php?df=470

PROBLEMAS
https://www.aulapt.org/2014/05/08/problemas-de-razonamiento-logico-para-todas-las-edades-nacho-v-g/2o-problemas-2/

ATENCIÓN
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2019/10/dislexia-palabra-incorrecta.pdf

LENGUA
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/09/comprension.pdf
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/09/palabras-compuestas.pdf
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/02/antonimos-tema-5.pdf
Esquema para realizar unha historia: http://www.eduplace.com/graphicorganizer/spanish/pdf/storymap1.pdf
Crear un cuento:
https://docs.google.com/file/d/0Bycgs6c4IsukaUR6cHMwODVRN0k/edit

LECTURA
https://www.cuentosyrecetas.com/cuentos-de-amistad-el-pinguino-y-sus-amigos/

CIENCIAS
https://www.aulapt.org/2015/01/09/investiga-animales-arquitectos/
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/10/las-plantas-dan-alimento.pdf
https://www.abcteach.com/free/s/spanish_elsistemasolar%5b1%5d%5b2%5d_editado.pdf
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/03/solidos-o-liquidos.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-9-EL-PAISAJE.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-10-EL-AGUA.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-11-LA-ATMOSFERA.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-8-LAS-3-ERRES.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-2-LOS-ANIMALES.pdf


MOITAS GRACIAS E ÁNIMO QUE XUNTOS SUPERAREMOS ESTA ETAPA!!!1


MARTES- DÍA 17 DE MARZO DE 2020

Bos días familia, un novo día para comezar con ánimo e esperanza a xornada.

Segundo pasan os días os nen@s están máis cansados e polo tanto vexo prudente comezar a subir vídeos para relaxarse e que teñamos paciencia.

Ademáis, algún de vós manifestoume a idea de repasar as horas e atopei algúns xogos como os seguintes:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/115_el_reloj/
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos/que_hora_es/que_hora_es.htm

Por outra banda, tamén podedes xogar a facer compra na casa, xa que comezamos a traballar cos billetes e as monedas.
Algunha manualidade e algunha lectura.

Lembrade, todo este material é voluntario, non é obrigatorio porque son xogos e actividades de ampliación pero prefiro que o teñades porque así cada familia o xestiona a súa maneira.

Un saúdo e estamos en contacto. Por certo, podedes escribir por aquí calquera cousiña e me ides contando como o estades a pasar na casa ou se hai algún tema que vos gustaría traballar.
Un bico enorme e coidádevos moito!

MÉRCORES- DÍA 18 DE MARZO DE 2020


Bos días familia!

Comezamos polo noso terceiro día de clase dende a casa.
Para hoxe, tal e como tedes na programación, tocaría o "DICTADO-EL HUERTO DE MI ABUELO" pertence á ficha de LC, en concreto a ficha 20 de ortografía.

Na área de matemáticas, como tódolos días podedes facer unha folliña do método Quinzet, se o outro día facíamos a primeira páxina, hoxe continuamos coa páxina 5, así xoves sería a páxina 6 e venres a páxina 7, xa que aínda que son días festivos é práctica que é bo facer.

Quero lembrarvos, que mañá e pasado non subirei ningún material adiccional xa que é festivo, penso que tedes bastante nos enlaces e ademáis das aplicacións que xa estiven revisando e 
gústanlles moito aos 
peques.

Polo tanto, o horario de hoxe sería este, xa que terían inglés polo que poden repasar o que fixeron na aula (días da semana, partes da casa,...), e en valores, hoxe todos xuntos analizaremos a canción, 
Codo con Codo.

Non obstante, quería iniciar unha idea. Gustaríame que cada un de vós pensaxe hoxe como se sinte, 
que cousas valora de estar na casa, cales bota en falta, como lle gustaría que cando volva a rutina da 
súa vida espera mellorar, porque desta situación temos que aprender algo, e todos e todas ímolo poñer en práctica, eu a primeira.
Por iso, na medida do posible, agardo darvos unha sorpresa e que vos guste.



Todos esos comentarios podedes facelos no propio blogue, xa que vou abrir unha novo fiestra que
 poña " ¿?".

En ciencias repasade todo o que vos puxen nos enlaces, xa que non podo adiantar materia nova tal e 
como o pon nas instruccións indicadas pola Xunta de Galicia.
Iso si, vós podedes ir lendo e investigando pola vosa conta o que traballaremos máis adiante, a lectura non ocupa lugar, jajaja.


Estou a vosa disposición e seguide aguantando para que esta situación mellore.
Calquera cousiña me ides comentando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...