Mostrando entradas con la etiqueta RETOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RETOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de abril de 2020

FIN DE SEMANA DE CONTACONTOS

Para desfrutar do fin de semana. Algúns nen@s quixeron transmitir os seus contos e así podemos divertirnos escoitando e vendo aos nosos compis de aula.


Comeza Alba co seu conto...




Séguelle Iago...





Remata Nerea...







Grazas a tod@s por participar, estamos encantados, tanto a profe Lara, Carmen e Suso, coma min con tanta participación.

viernes, 3 de abril de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANA SANTA


PROGRAMACIÓN SEMANA SANTA


Durante estos días o que máis desexo é o que as nenas e os nenos descansen e desfruten doutra maneira.
Elaborei este xogo de Kahoot para observar como podemos ir aprendendo de múltiples maneiras e sobre todo, e sendo moi sincera con vós, preciso saber se todas as familias podedes acceder para comezar eu a programar á volta de Semana Santa, o vindeiro trimestre.
Está sendo moi complexo todo. Póñome na vosa situación e comprendo o esforzo que estades a facer, de verdade que non teño palabras para agradecervos o ben que o facedes. Para nós está sendo moi difícil tamén esta situación por non poder facer máis do que nos gustaría.

Así pois, para que a lectura non baixe de rendemento, atopei diferentes libros polo que escollín o seguinte: 

Durante este período gustaríame que o lesen e completasen a ficha de lectura como facemos todas as semanas no cole.


Para rematar,  estou vendo a maneira de facer un proxecto virtual e a partir de ahí, poder explicar aqueles contidos relevantes que elixamos no centro para o nivel de 2º Educación Primaria. Polo tanto, preciso que cada neno/a escriba na parte de mensaxes que é o que máis lle gustaría aprender no que queda de clase. Cales son os seus intereses neste momento.

Pídovos un pouco de paciencia, xa que pensade que as directrices en moitas ocasións veñen de Madrid, pasan pola nosa Comunidade Autónoma, pero despois, aínda van a Xefatura Territorial e Inspección. Así que todo isto leva o seu tempo.

Estou moi orgullosa de vós como familias, o ben que o estades a facer. Eu intentarei como ata agora, responder as vosas dúbidas. Estaremos de volta a actividade o martes 14 de abril.

Moita forza e ánimo familias!

XOGAMOS CON KAHOOT

Enlace kahoot: https://kahoot.it/challenge/0788530?challenge-id=32876fe2-67b0-43c7-b505-8c70d6346efd_1586287282112

Pin: 0788530




E A XOGAR!!!!!!!!!!

lunes, 29 de abril de 2019

3º RETO

3º RETO

Como unha semana máis temos un novo reto preparado. Esta semana o reto estará relacionado cos vosos intereses. Que vos gustaría traballar nestes derradeiros meses de cole?

Desta maneira intentaremos rematar o curso traballando os vosos gustos e aprendendo tod@s con tod@s e de tod@s.

Gracias por participar no blogue e colaborar tanto con nós familias.

Moito ánimo para esta semana!!!


martes, 23 de abril de 2019

VOLTA AO COLE!!

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Resultado de imagen de DIA DEL LIBRO PICTOSHoxe celebramos o día do libro. Durante a xornada de hoxe faremos actividades en función das lecturas lidas, así como pintar diferentes marcapáxinas.

Ademais, comezamos unha nova semana e polo tanto un novo reto. Como celebramos durante estos días o día do libro, o novo reto estará adicado a esta temática.

Polo tanto moita atención!


UN RETO LITERARIO

Adiviña adivinanza, 
un novo libro leerás 
se queres coñecer
 unha nova historia xa!!!

Lévao enrriba,
pésalle todo o día
a súa mestra o aconsella
e o neno alégrase.

De qué libro estamos a falar?





O CAZO DE LORENZO

lunes, 8 de abril de 2019

2º RETO

2º RETO

SEMANA DO 8 AO 12 DE ABRIL


Adiviña, adivinanza...

Voo sen ás,
 asubío sen boca,
 azouto sen mans,
 e ti non me ves.

Que é?

viernes, 29 de marzo de 2019

1º RETO


1º Reto


Cal é o resultado das seguintes froitas?

  • Mazá:
  • Plátano:
  • Coco:
  • A derradeira operación, canto suman entre o coco, a mazá e o plátano ?

Imagen relacionada





FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...