PROGRAMACIÓN SEMANA SANTA
Durante estos días o que máis desexo é o que as nenas e os nenos descansen e desfruten doutra maneira.
Elaborei este xogo de Kahoot para observar como podemos ir aprendendo de múltiples maneiras e sobre todo, e sendo moi sincera con vós, preciso saber se todas as familias podedes acceder para comezar eu a programar á volta de Semana Santa, o vindeiro trimestre.
Está sendo moi complexo todo. Póñome na vosa situación e comprendo o esforzo que estades a facer, de verdade que non teño palabras para agradecervos o ben que o facedes. Para nós está sendo moi difícil tamén esta situación por non poder facer máis do que nos gustaría.
Así pois, para que a lectura non baixe de rendemento, atopei diferentes libros polo que escollín o seguinte:
Durante este período gustaríame que o lesen e completasen a ficha de lectura como facemos todas as semanas no cole.
Para rematar, estou vendo a maneira de facer un proxecto virtual e a partir de ahí, poder explicar aqueles contidos relevantes que elixamos no centro para o nivel de 2º Educación Primaria. Polo tanto, preciso que cada neno/a escriba na parte de mensaxes que é o que máis lle gustaría aprender no que queda de clase. Cales son os seus intereses neste momento.
Pídovos un pouco de paciencia, xa que pensade que as directrices en moitas ocasións veñen de Madrid, pasan pola nosa Comunidade Autónoma, pero despois, aínda van a Xefatura Territorial e Inspección. Así que todo isto leva o seu tempo.
Estou moi orgullosa de vós como familias, o ben que o estades a facer. Eu intentarei como ata agora, responder as vosas dúbidas. Estaremos de volta a actividade o martes 14 de abril.
Moita forza e ánimo familias!
XOGAMOS CON KAHOOT
Enlace kahoot: https://kahoot.it/challenge/0788530?challenge-id=32876fe2-67b0-43c7-b505-8c70d6346efd_1586287282112
Pin: 0788530
Ola Ale, gustariame aprender sobre os virus. Como entran no corpo, como o corpo se defende para que saian. Como os virus pasan de un a outro, se eu estou enferma e che paso a ti o coronavirus como é que eu sigo tendo virus e non van todos contigo. Como se fan as vacunas. Bicos Iria
ResponderEliminarOla Ale,gustaríame aprender máis sobre os animáis e aprender a multiplicar por varias cifras.Manuel.
ResponderEliminarOla Ale,gustariame aprender a facer mais experimentos e visitar un laboratorio.Angel.
ResponderEliminarHola Ale son Alba V. gustariame ir de excursion a un laboratorio e facer mais experimentos
ResponderEliminar