miércoles, 4 de septiembre de 2019

MATERIAL ESCOLAR

MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2019-2020

Como foron esas vacacións? Seguro que súper ben. Tal e como falaramos ao rematar o curso, a continuación fago unha relación do material escolar para este novo ano académico.

O horario para esta entrega de material é flexible. É importante entregar dito material nunha bolsa co nome do nen@, así como os libros de texto na súa caixa correspondente (exemplo: Carrefour). 

Se non me atopades é porque estou reunida, pero xa quedaron avisados tanto xefatura de estudos como conserxería de que podedes ir á clase e deixar dentro o material nas primeiras mesas. Posteriormente eu pasarei a revisar todo con calma. 

Calquera dúbida estou a vosa disposición.

Vémonos pronto e agárdovos cos brazos abertos e con moitas gañas de vervos.

Un saúdo moi agarimoso, Ale.




FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...