Mostrando entradas con la etiqueta LENGUA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LENGUA. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de abril de 2020

COMEZAMOS A SEMANA CON NOVOS CONTACONTOS

O domingo recibín novos contacontos. Hoxe comezamos a semana podende escoitar estos contos tan fermosos das novas compañeiras. 

Moitas gracias a tod@s pola vosa participación.

Comeza contando o seu conto Ainoha...




Remata Nerea...


sábado, 18 de abril de 2020

FIN DE SEMANA DE CONTACONTOS

Para desfrutar do fin de semana. Algúns nen@s quixeron transmitir os seus contos e así podemos divertirnos escoitando e vendo aos nosos compis de aula.


Comeza Alba co seu conto...




Séguelle Iago...





Remata Nerea...







Grazas a tod@s por participar, estamos encantados, tanto a profe Lara, Carmen e Suso, coma min con tanta participación.

viernes, 17 de abril de 2020

CANTOS CONTACONTOS

Hoxe despedimos a semana cunha morea de contacontos.

 Estamos súper contentos e agradecidos de todo o traballo que estades a facer. 

Seguide así, sodes unhas campionas e campións!!


Elva comeza dándonos a benvida.



Continúa co seu contacontos



Segue Fernando...



Agora tócalle a Iria...





Continúa Hugo...


Ángel tamén nos prepara un contacontos...



Alba cóntanos un conto que nos gusta moito...


Lois tamén nos adica un tempo para contarnos un conto...




jueves, 16 de abril de 2020

SEGUIMOS A CONTAR CONTOS

Hoxe Manuel e Leo quixeron tamén participar contando os seus contos.

Que ben o fan todos estos nen@s!




martes, 14 de abril de 2020

CONTACONTOS - MES DO LIBRO



MES DO LIBRO E DOS CONTACONTOS


Como todas as promesas que vos fago tamén as cumpro, quero que durante este mes contemos moitos contos. 

Hoxe comecei con este vídeo de como me sinto e canto noto a vosa falta.

Para facer máis animado este tempo de confinamento nas nosas casas, propoño que cada un de vós conte un conto e o poñamos nesta apartado de contacontos que está adicado ao día do libro. Podedes facermo chegar como ata agora ao correo: baixomesmoceo@gmail.com

Agardo vos guste esta iniciativa, xa que hai moitas novas que ides a descubrir día a día.

Un bico enorme e desfrutade deste agasallo.

COMO LA TRUCHA AL TRUCHO!



 Conto sobre quererse a un mesmo


jueves, 26 de marzo de 2020

VEO- VEO

VEO-VEO


Este xogo facémolo ás veces na clase verdade? 




A través do seguinte enlace podedes acceder a unha presentación de diferentes obxectos ou persoas, animais ou cousas. Soamente vos puxen tres exemplos, coas tres primeiras letras do abecedario, para que puidérades completar. De feito quedounos pendente o de facer, con todas as vosas fotografías, o pasapalabra.


No enlace non tedes que facer nada, soamente pinchar en "enlace" e xa vos deriva a páxina. Despois, podedes, na libreta, poñendo a data de hoxe, facer como na clase a descripción do que vos apareza nesa presentación.

Se preferides outro tipo de xogos non dubidedes en decirmo e busco. Este tipo de exercicios son para pasar o tempo pero dunha maneira productiva e aprendendo.

Ánimo e un saúdo!

miércoles, 25 de marzo de 2020

NUESTRO CUENTO...ANTIVIRAL


COMEZA O NOSO CONTO ANTIVIRAL

Nerea Álvarez comezou xa o conto aportando o seu grao de area. O seguinte será Xabi, quen continuará a historia segundo as súas inquedanzas, medos, ledicias ou circunstancias que queira contar.

Tede en conta que tod@s ides escribir, así que non fai falla que sexa moito, pero ten que quedar unha historia que se entenda cando os demais a lean, pero sobre todo que sexa feita por vós.

Podedes escribir tanto no Class Dojo, en mensaxe privada, como por aquí, no blogue, xa que eu despois eu dareille formato. Lembrade que a historia está feita en Lengua Castellana

Ánimo e dádelle pilas as neuronas!




domingo, 2 de febrero de 2020

COMEZAMOS A DESCRIBIRNOS

Esta semana comezamos por xogar a facer descricións. Comezamos polos animais, pero pouco a pouco iremos traballando as paisaxes e as persoas.
Déixovos algún enlace para que nos axuden a realizar estas descricións de maneira máis visual.

Por outra banda, estivemos a traballar os sustantivos, verbos,  adxectivos e posesivos. Comezamos a traballar tamén as oracións segundo o suxeito e o predicado. Son conceptos que se traballarán á vez, xa que o entenden mellor nun contexto determinado como o estamos a facer en relación as plantas e as súas características.

Curiosidades das plantas:


Sabedes como se alimentan as plantas?




Aquí vos deixo algúns animais en perigo de extinción



FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...