martes, 14 de abril de 2020

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Boas nenos e nenas, familias, comunidade!

Benvidos ao terceiro e máis especial trimestre por todo o que está a suceder.

A día de hoxe soamente temos o comunicado na páxina oficial da Xunta agardando as novas directrices centrais de Madrid (Ministerio de Educación). Nestas páxinas podedes consultar diariamente calquera novidade acerca dos temas que se están a tratar.

Como á situación hai que facerlle fronte porque somos un campións e campionas tod@s nós, imos avanzar un pouquiño cada día sobre aqueles aprendizaxes que me gustaría que o alumnado seguira a traballar.

Polo tanto, comezamos a semana repasando para ir dando paso a novos contidos que agardo vos sexan do voso interese, xa que estiven lendo todas aquelas propostas escritas no blogue.

Pero non todo é contidos, avaliación, senon o que máis me ten preocupada é saber que estades ben. Todo o voso traballo ten o seu froito e polo tanto agardo que este agasallo que vos fago entrega vos guste tanto como a min.


UN CANTO AOS BIOSBARDOS!!!



GRAZAS POR SER E ESTAR!

A continuación, damos paso a programación desta semana:


PROGRAMACIÓN SEMANAL COMPRENDIDA ENTRE OS DÍAS 14 E 17 DE ABRIL

MARTES 14
  • Celebramos o Día do libro co visionado do conto: De mayor quiero ser ...Feliz
  • Actividades a realizar aparecerán no seguinte enlace

MÉRCORES 15

      CIENCIAS E LINGUA:
     Páxina 62, 63, 64 e 65.  Vídeo
Ditado (páxina 63) na libreta. 

LC
       Repaso dos pronomes (temos que sabelos todos menos os indefinidos), fichas 1 e 2.


MATES
Xogo de horas:  Horas  repasamos os ángulos  (Ángulos), tipos de triángulosPolígonosCírculo e circunferencia.


XOVES 16

CIENCIAS E LINGUA:
Páxina 66 e 67 e 71. Podedes realizar a páxina 70 se queredes. 

LC
     Conciencia fonológica: unha vez que fixemos o xogo, volvemos a escoitar e todas as palabras que adiviñei as escribo na libreta.  En total teredes un total de 17 palabras.

MATES
     Repasamos as táboas de multiplicar co seguinte xogo
    Aprendemos a multiplicarpor dúas cifras. 

VENRES 17
CIENCIAS E LINGUA:
   Repaso ósos e músculos


MATES
    Practicamos as multiplicacións, sumas e restas levando. 


VALORES E PLÁSTICA

Esta semana desexo abrir estar actividade ao resto do alumnado para traballar tanto en valores como en plástica.
Realizarase unha caixa de medicamentos imaxinando con todo aquel material reciclado como podemos coidarnos en tempos de confinamento. Esta actividade terá unha duración de dúas semanas.
Polo tanto os pasos a seguir son os seguintes:
1º Visionado dunha curtametraxe: Charlie e a fábrica de chocolate
(importancia da familia)

2º Enlace: realizamos unha caixa de primeiros auxilios

3º Pensamos e facemos un debuxo con dúas partes: como son eu coa miña familia e  de como sería eu sen a miña familia.





5 comentarios:

FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...