PROGRAMACIÓN SEMANAL

VENRES 24 DE ABRIL DE 2020
Comezamos a traballar os venres, tal e como quedaramos, coa aplicación de SNAPPET.
Lembrade que tedes que entrar co voso usuario e contrasinal.
As tarefas son as seguintes:
Boa fin de semana pequech@s!
XOVES 23 DE ABRIL DE 2020
MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2020
Comezamos a traballar os venres, tal e como quedaramos, coa aplicación de SNAPPET.
Lembrade que tedes que entrar co voso usuario e contrasinal.
As tarefas son as seguintes:
- LG:
- Unidade 10, actividade de competencia lectora
- Vocabulario: o monte
- Familia de palabras
- O luns faremos un ditado (preparade os bolis tanto azul como negro, así como o caderno en A4 a doble pauta)
- MATE
- Tema 11, cálculo exercicio 4
- Tema 11, problemas exercicio 5
- Tema 12: repaso das táboas de multiplicar (6,7,8 e 9)
- Tema 12: calendario
- LC
- Tema 1,actividade 5 o abecedario
- Tema 1, actividade 6 as adivinanzas
- Tema 1, actividade 8 repaso
Boa fin de semana pequech@s!
XOVES 23 DE ABRIL DE 2020
Hoxe celebramos o día do Libro. Déixovos un marcapáxinas para que pinten os nenos. Podedes enviarme algunha foto de como quedou.
- Actividade de LG: lectura do conto "O tempo do revés" e ficha de escritura. Data de entrega: o xoves 30 de abril.
- Subirei o vídeo do Día do libro ao longo da mañá.
- CCNN: repasamos os animais. Clasificación segundo: alimentación, hábitat, ósos.
MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2020
Na xornada de hoxe intentaremos realizar as seguintes tarefas en función das áreas que tocarían traballar no cole:
- LG: Ditado na libreta ou folio do seguinte texto
Hoxe, mércores 22 de abril, celébrase o día da terra. Nós no colexio aprendemos durante este ano que temos que coidala. Temos tres reglas básicas: reducir, reciclar e reutilizar. Para celebrar este día realizaremos un debuxo sobre a o noso Planeta Terra. Poder ser nun caderno, folio, facendo unha manualidade.
Seguro que vos queda xenial. Moito ánimo!
Este sería o ditado, polo que no aspecto de valores, todos xuntos podemos ver o seguinte vídeo e facer un debuxo sobre o noso Planeta Terra. Pintado, decorado, como vos guste a vós.


- REPASAMOS LC: imos empregar para esta actividade un xornal, revista ou calquera outro documento que teñades por casa para poder recortar palabras e clasificalas en 4 columna. Lembraremos polo tanto os tipos de palabra en función das sílabas: monosílabas, bisílabas, trisílabas e polisilabas.
Tal e como algunha familia comentábame, déixovos de novo o enlace do blogue da Teacher Laura.
No apartado, 2º GRADE, está todo o material que a profe de Inglés vos vai subindo.
Temos que lembrar que sobre todo é importante a parte auditiva, de ahí os vídeos e apps de xogos que recomenda. Un obxectivo de 2º de EP en inglés, non é a escritura. Así pois, non vos preocupedes que todo o importante está no blogue de inglés. Podedes revisar diariamente as actividades xa que son moi divertidas e amenas.
MARTES 21 DE ABRIL DE 2020
Dentro de dous días celébrase o día do libro. Estivemos traballando durante a semana pasada a expresión oral mediante as diferentes lecturas. Propóñovos para o día de hoxe as seguintes actividades:
CCNN-CCSS-LG:
1º. Pensar e escribir dous versos que rimen e teñan relación coa lectura.
Por exemplo:
Se che gusta ler,
tes moito que aprender.
Desta maneira traballamos a rima, lingua galega e, tamén, a creatividade para o día do libro poder facer algo orixinal.
2º. Enviádesme as vosas propostas polo Class Dojo e se está perfecto, podedes incluso gravalo no móvil e enviarmo por Google Drive ou correo electrónico: baixomesmoceo@gmail.com
LC: practicamos as adiviñas (primeiro completan a ficha e antes de darlle a "Terminado" sacádelle a foto e podedes enviarma por Class Dojo)

MATE: repaso sumas e restas levando, xogo de tangram. Se non podedes acceder déixovos algunha ficha para xogar ao tangram:
Repaso multiplicacións, podedes escribir o resultado:
EF: esta semana a profe Marta preparounos unha serie de rutinas para realizar na casa e manternos en formar. Que ben o imos pasar tod@s!
Para rematar o día con moita enerxía, déixovos ao profe Miguel e ao seu grupo de Cholo e Nela coa nova canción a cerca de Ficar na casa e lavar moi ben as mans.
Hoxe comezamos unha nova semana pero dunha maneira diferente. O xoves celebraremos o día do libro, aínda que o levamos traballando durante esta semana pasada a través de diferentes contacontos.
Na xornada de hoxe como temos programado, ás 10:30 teremos unha reunión entre as familias a través da aplicación da Xunta de Galicia Cisco Webex. Intentaremos resolver tódalas dúbidas que se teñan e propoñer unha serie de medidas para levar a cabo este derradeiro trimestre.
Así pois, esta semana programo a partir das decisións que se tomen en dita reunión.
Non obstante, deixo as actividades para o día de hoxe:
LUNS 20 DE ABRIL DE 2020
- CCSS-CCNN-LG: comprensión lectora. Repaso de ciencias:páxina 82 e 83 (antónimos e demostrativos)
- Mate: repasamos as táboas de multiplicar co seguinte xogo de cálculo.
Ficha interactiva, a primeira de todas facer e non fai falla imprimir: multiplicacións
No hay comentarios:
Publicar un comentario