PLANIFICACIÓN SEMANAL
Bos días biosbard@s!
Despois de moito traballar chegamos a nosa derradeira semana de clase. Pero non por iso imos deixar de pasalo moi ben.
Esta semana faremos diferentes xogos durante cada día. Agardo que tod@s poidades ter acceso, xa que ás veces piden permiso sobre novos formatos ou políticas de privacidade. Os que non poidades velo, non pasa nada, comentádesmo e atopamos outras alternativas.
Mañá na clase online sobre todo comezaremos realizando unhas actividades para motivar as neuronas pero, tamén para falar e comentar como foi este trimestre e que cousas podemos mellorar de cara ao futuro. Non fai falla imprimir nada, nin ter os libros ou estoxos, agás se improvise algo cousa que non penso que suceda. Será un día para a reflexión!
Chegados a este punto, aínda non nos despedimos. O vindeiro luns 22 entregarase a cada unha das familias o material correspondente.
Gustaríame se se pode, que o luns 22 ás 17:00h tod@s nos puidésemos conectar para despedir o curso. Imos valorando este aspecto e mañá concretamos.
Moito ánimo para esta semana e descansade moito para mañá.
Un bico moi forte, Ale.
LUNS 15 DE XUÑO de 2020
Comezamos o día con Calentín
Comezamos o día con Calentín
- Xogo conciencia fonolóxica
Curta sobre as emocións - Reflexións
MARTES 16 DE XUÑO DE 2020
- Repaso mates: podemos facelos no caderno apuntando os resultados. Unha vez feitos, os comprobamos coa familia facendo de mestres.
- Desciframos unha mensaxe
MÉRCORES 17 DE XUÑO DE 2020
XOGO DIVISIÓN DE SÍLABAS
XOVES 18 DE XUÑO DE 2020
XOGO TABLAS DE MULTIPLICAR
VENRES 19 DE XUÑO DE 2020
EXPERIMENTO
MANUALIDADES
No hay comentarios:
Publicar un comentario