miércoles, 29 de abril de 2020

REPASO SEMANAL



Ola pequech@s!

Estades traballando moi pero que moi ben. A letra cada día mellor, a presentación debemos de coidadla e sobre todo ollo con escribir nas marxes do novo caderno. 




Dende a aula de Educación Física, Marta preparouvos estos novos retos chulísimos.:PINCHAR NA IMAXE




Tamén dende PT e AL teredes que investigar sobre da data do voso aniversario. Así que moito ánimo! PINCHAR NA IMAXE




O venres non teremos clase porque é festivo. O mesmo ocorre o luns, día 4 de maio, xa que era o festivo que como centro collíamos. Sentíndoo moito, o luns non teríamos clase online pola aplicación Cisco. 

En breves recibiredes unha mensaxe no Abalar Móbil remitido polo centro escolar.

O prometido é débeda polo que vos deixo un vídeo da explicación da multiplicación.



Por outra banda, algúns compañeiros están moi motivados e andan argallando un vídeos explicativos. Todo aquel que queira explicar algún contido dado ata o momento pode facer un vídeo moi cortiño de entre 1 ou 2 minutos e o subiremos ao blogue.



Eu adáptome aos vosos intereses e demandas. Como os bos cociñeiros e cociñeira.

 Así que,  OÍDO COCIÑA!!!!







Déixovos un pequeno esquena sobre a parte dada en ciencias esta semana: as Comunidades Autónomas. PINCHADE NA IMAXE 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...