Bos días familias, pequech@s!
Que tal foi o fin de semana? Puidéchedes dar un paseo. Eu a verdade téñovos unha sorpresa, así que agardo vos guste.
Como todas as semana temos un pouquiño de traballo. Esta semana imos ir subindo día a día a o material, xa que hai algunha modificación a nivel de programacións que temos que ir facendo o profesorado.
Así que, imos mans a obra:
LUNS 5 DE MAIO
Hoxe comezaremos repasando algúns conceptos matemáticos como: os símbolos de maior e menor. Déixovos un vídeo para refrescar a memoria.
CCNN: repasaremos algúns contidos relacionados co primeiro trimestre. Como por exemplo os animais e as plantas.
- Animais vertebrados
- As plantas
LG: hoxe imos crear unha historia onde teredes que seleccionar unha opción en cada un dos dados que vos aparece na ficha. Non fai falla imprimila, xa que é interactiva. Antes de darlle a "TERMINADO" sacádelle unha foto para ver o ben que o fixéchedes.
MATE: repasaremos os símbolos de maior que, menor que e igual que. Podedes imprir as fichas que aparecen a continuación.
Tamén ordenaremos, segundo sexa maior ou menor.
Ficha 1, 2, 3 e 4.
Tamén imos rematar a parte de comprensión lectora do libro de Santillana de LC. Quedaría soamente a TAREA 23: análise dunha noticia e os seus correspondentes exercicios.
Ale eu creo que e o castelo de San Anton
ResponderEliminarMoi ben Lúa!
ResponderEliminarA partir desta semana coñeceremos moito máis sobre a nosa cidade.
Parabéns pequecha!
Un castelo
ResponderEliminarEu creo que é un Castelo.
ResponderEliminarGustoume moito o video!
ResponderEliminar