miércoles, 29 de enero de 2020

2º TRIMESTRE

BOAS FAMILIAS!!!

Levamos moito tempo sen publicar algunhas actividades dos nosos nenos e nenas. 

Esta semana é moi importante xa que estamos traballando moitas actividades novas. Celebramos o ano chino e aprendemos moitas cousas.

Outro exemplo son as horas. Déixovos varios vídeos e actividades para practicar na casa. 

1º AS HORAS




Tamén estamos traballando as palabras compostas, os caligramas (mañá faremos un na clase).

As plantas, as comas  os animais en perigo de extinción...



Lembrade que mañá faremos unhas actividades de sumas e restas levando, así como das multiplicacións: tabla del 2, tabla del 5



Agardo que podades repasar sen agobios, xa que non quero que o estudar sexa un problema, senon todo o contrario, adquirir novos coñecementos.

Un saúdo e vémonos mañá.



martes, 15 de octubre de 2019

QUE MEDO, UN MONSTRO!

Hoxe foi un día moi pero que moi inusual. Atopamos o cole pechado e con todo isto que podedes ver no seguinte vídeo. 


O lixo invádenos e o plástico ten que ir desaparecendo das nosas vidas para non contaminar e coidar o noso medio ambiente. Isto son algunhas das reflexións que expuxemos hoxe na clase despois de todo o acontecido.

Que vos parece a idea?




SUMAS E RESTAS




SUMAS SEN LEVAR


Alguns xogos que me pedíades tamén podedes facer click no seguinte enlace


SUMAS LEVANDO



Algunha actividade para practicar sería a seguinte: sumas levando



SUMAR EN VERTICAL 



RESTAS SEN LEVAR



RESTAS LEVANDO






A CENTENA

Podemos practicar con este xogo


miércoles, 4 de septiembre de 2019

MATERIAL ESCOLAR

MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2019-2020

Como foron esas vacacións? Seguro que súper ben. Tal e como falaramos ao rematar o curso, a continuación fago unha relación do material escolar para este novo ano académico.

O horario para esta entrega de material é flexible. É importante entregar dito material nunha bolsa co nome do nen@, así como os libros de texto na súa caixa correspondente (exemplo: Carrefour). 

Se non me atopades é porque estou reunida, pero xa quedaron avisados tanto xefatura de estudos como conserxería de que podedes ir á clase e deixar dentro o material nas primeiras mesas. Posteriormente eu pasarei a revisar todo con calma. 

Calquera dúbida estou a vosa disposición.

Vémonos pronto e agárdovos cos brazos abertos e con moitas gañas de vervos.

Un saúdo moi agarimoso, Ale.




viernes, 5 de julio de 2019

AVISOS FAMILIAS

Boas familias!

Como están @s vos@s cativ@s? Seguro que descansando e aproveitando o tempo para xogar e pasalo xenial.

Tal e como vos comentara, adxunto o vídeo sobre o derradeiro día na Rocheira.



MATERIAL ESCOLAR

O papel onde aparecen os ISBN dos libros de texto, entregado no sobre das notas, está correcto. Desculpade as molestias ocasionadas pero dende unha das editoriais tiveron un un problema de comprobación.

Por outra banda, a primeira semana de setembro, publicarase tanto na páxina web do centro como neste blog, todo o material escolar necesario (Semana do 2 de setembro). Ademais, poderase entregar os libros antes do día 11 de setembro que comezan as clases.

As libretas de líneas como de cuadrícula serven de novo para o vindeiro curso escolar. 

Para rematar, calqueira dúbida estou a vosa disposición.

A continuación, déixovos algúns enlaces de xogos e actividades para que practiquedes e xoguedes:


Bo verán!

 

Non me esquezo de vós!






FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...