viernes, 29 de marzo de 2019

3º TRIMESTRE

 COMEZAMOS O NOSO BLOGUE DE 1º DE PRIMARIA

Despois de tantos meses de traballo e de intentar poñer en marcha este blogue por fin podemos dicir que xa o conseguimos.

Este espazo será de compartir as nosas experiencias de clase, pero tamén de intercambio de información con vós, familias, peza tan importante no centro.
 Poderemos falar e comentar todo aquilo que desexedes sobre as actividades e propostas que iremos facendo.

Comezamos este trimestre con moitas novidades, xa que no centro nos estamos especializando na competencia dixital coa técnica do Croma. Un exemplo é o poema tan fermoso que fixeron na aula @s nos@s cativ@s.

Estade moi atent@s as novidades, xa que a profe Ale anda argallando algunha que outra trasnada, igual estase volvendo un pouco "do revés".

Anímovos a que calqueira suxerencia e proposta a expoñades porque os primeiros beneficiados serán os vosos fill@s.

Gracias por ser e por estar

blogs de mindfulness


Unha aperta e boa finde a tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...