miércoles, 18 de marzo de 2020

E AGORA QUE?


MÉRCORES 18-03-2020



Lembrades cando no cole falabamos de situacións moi complexas. Algunhas delas foran as do Prestige, o non ter auga nas casas debido a obras, algunhas situacións no cole que no nos gustaban (pelexas entre compañeir@s, insultos, empurróns, etc), a situación de Malala no seu país, a morte de animais polo plástico, a contaminación, enfermidade dos nosos seres queridos, as guerras noutros países e a  e agora isto que nos está ocorrendo.

Cada un na súa casa está vivindo unha situación diferente, pero que a súa vez tod@s comprendemos porque tamén a vivimos. Estar moito tempo nun mesmo lugar, non poder ir ao parque, ao cole, ir traballar, non poder ver os nosos amig@s, non tomar un refresco no bar onde íamos sempre, non poder comprar sen sentirse controlados porque non podemos coller todo o que queremos é algo que fai unha semana non ocorría.


Por iso, sento a necesidade que máis ca nunca esteades en contacto comigo e eu con vós. Moitas veces me preguntades, Ale e agora qué?, que fago?, queres que che axude?, podo ir?, moitas preguntas que as veces eu podo responder e outras non.

Pois ben, agora meus pequech@s é o momento de ser e estar na casa coa vosa familia. Seguir día a día axudando na casa a recoller os pratos da mesa, aprender a atar os cordóns, a ser cada día máis responsables e a pensar que dentro dunhas semanas xa estaremos tod@s de novo xunt@s. Correndo polo patio, aprendendo a multiplicar por dúas cifras, a realizar contos creativos cos dados de historias, a investigar máis en ciencias, a prender as nosas partes do corpo e de cómo funciona este.

Todo isto que estamos a facer dentro de 20 anos, como sempre vos digo eu cando sexa algo maior, será lembrado como parte da nosa historia. Quero que os vosos recordos destes días non sexan de medo, do que vai pasar, que esteades nerviosos, senón todo o contrario. Así pois, tiven unha idea. Quero elaborar un conto online! 
Para isto imos seguir unha serie de pasos:

PASOS A SEGUIR

1º.  Temos que escoitar o vídeo da Ra para estar relaxados 

2º.  Imos ir ao espello do baño e mirarnos fixamente como somos e como nos sentimos

3º. Debuxaremos nun folio ese estado de como me atopo, intentade que non vos axuden, xa que é mellor que o fagades como vos sentides de verdade (os que teñen irmáns e irmás tamén o poden facer, con algo de axudiña non estaría mal para eles/elas).

4º. Nerea Álvarez comezaría a historia, xa que a imos facer por orden de lista para levar eu un control. Eu tamén participarei.

5º. Redactarei a vosa historia cando todo o mundo xa participara e intentarei contárvola nun vídeo gravado dende a miña casa.

As vosas aportacións do conto é mellor que as escribades nesta entrada do blogue, se alguén ten problemas enviádeas ao Class Dojo e eu as colgarei aquí.

Agardo vos guste esta iniciativa e pensade que desta situación imos saír moito máis reforzados e valorando o que temos no noso día a día.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...