lunes, 30 de marzo de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANAL DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

NOVA SEMANA, NOVOS RETOS A REALIZAR

Como tódalas semanas, déixovos a programación das actividades a realizar. A semana pasada tivemos algúns problemillas con enlace, polo que esta semana deixo soamente por aquí a programación.
Desta maneira, tedes un acceso máis rápido as actividades e enlaces que vos remito. 

No blogue de inglés podedes atopar diferentes materiais, apps, fichas para repasar. 

A profe Marta e o Profe Miguel, tamén vos remiten algúns exercicios e propostas a realizar. Podedes ver no enlace de "ESPECIALIDADES" do noso blogue as actividades de Marta, e no blogue de 3º as de Música. 

Coma sempre, calquer problema o solucionamos o máis rápido posible. Todas as suxerencias son benvidas.


Comezamos en 3, 2, 1, xa!!!!!!!!!!

LUNS 30 DE MARZO

LG-CCSS-CCNN: seguimos a practicar a descrición 


MATE: Método Quinzet, página 11. Emprego 3 minutos.Repasamos tódalas tablas xogando.

LC:  Ficha 23 de Ortografía, pero no exercicio do Ditado o que imos facer é crear unha frase con cada unha das palabras anteriores.

MARTES 31 DE MARZO

LG-CCSS-CCNN:  repasamos contidos específicos de ciencias sociais

MATE:Método Quinzet, página 12. Emprego 2 minutos. Ficha 25 problemas.

RETO: Conta cantos paquetes tes de arroz na casa, de pasta e de lentellas. Formula un problema.

LC:  palabras tónicas e palabras con c/q


MÉRCORES 1 DE ARBIL
LG-CCSS-CCNN: comprensión lectora 


MATE: Método Quinzet, página 13. Utilizo 3 minutos. Ficha 28 numeración. Aplicación Snappet: Unidad 7, Compoñer e descompoñer números ata o 1000.

LC: xogamos ao Tutifruti coa familia. 

VALORES: para levar mellor estos días na casa preciso da vosa axuda. Podedes elaborar un vídeo coa vosa familia, gravando unha frase onde enviemos unha mensaxe de ánimo para todas as persoas que están traballando e nos están axudando nesta época.

XOVES 2 DE ABRIL 

LG-CCSS-CCNN: repaso de contidos de LG 


MATE: Método Quinzet, página 14. Utilizo 3 minutos. 
Medimos coas nosas mans a parte máis longa e a máis estreita da mesa da cociña. Aplicación Snappet, Unidade 11, as moedas.

LC: colle varios bonecos que teñas pola casa. Podes empregar tamén plastilina, legos... O importante é que penses no que queres contar, o representes cos obxectos e posteriormente unha vez que teñas claro o que queres contar, poidas escribir entre 10 ou 15 liñas dun teatro como facemos na clase.
Intenta formular preguntas, exclamacións, sen esquecer os guións de cada personaxe cando fale, así como poñer maiúsculas e puntos.

VENRES 3 DE ABRIL
LG-CCSS-CCNN: Páxina 60-61, función de nutrición. Vídeo explicativo

MATE: Método Quinzet, página 15. Utilizo 3 minutos. Multiplicacións

RETO: Realiza un problema con tódolos ovos que teñas na neveira.

VALORES: seguimos coa actividade e a rematamos. Podémola subir ao Class Dojo, para que despois a profesora poida facer un vídeo en común coas mensaxes dos nenos e nenas.

PLÁSTICA: elabora con todo o material que teñas na casa, se pode ser reciclado, como sería a túa cidade ideal. Non vos compliquedes moito, iso si, a vosa cidade debe ter un novo creativo e unha mensaxe de benvida para toda aquela persoa que queira visitarvos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...