SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO
Ola meus nenos e nenas!
Ola meus nenos e nenas!
Como estades? Teño moitas gañas de vervos e sobre todo de que me contedes como estades, como vos sentides, que me contedes o que facedes no voso día a día, así que animádevos a escribir no blogue en comentarios.
Como podedes ver parece que imos quedar uns días máis na casa pero iso non impide que non sigamos avanzando e repasando.
Tal e como falei co Equipo Directivo, imos ampliando os contidos para que non vos aburrades e pouco a pouco con pequenas explicacións iremos afianzando os contidos propostos.
Durante esta vindeira semana realizaremos diferentes actividades nas áreas correspondentes. Ao igual que en valores como en plástica. Na área de Inglés, xa a profe Laura vos estivo explicando os exercicios que podedes ver nas Apps, ao igual que en música tedes o blogue para consultar calquera dúbida.
Por certo, lembrade a historia que queremos facer entre tod@s, xa que estamos agardando polos primeiros traballos.
Un saúdo e agardo esteades tod@s ben.
Un bico enorme, Ale.
Por certo, lembrade a historia que queremos facer entre tod@s, xa que estamos agardando polos primeiros traballos.
Un saúdo e agardo esteades tod@s ben.
Un bico enorme, Ale.
LUNS 23 DE MARZO DE 2020
- CCSS: da ficha de repaso
- LG: nomes individuais e colectivos
- MATE: rutina diaria o número que é hoxe. Ficha 27 de Numeración. Vídeo
- LC: Ficha 22 de Lectura.
MARTES 24 DE MARZO DE 2020
- CCNN e LG: corresponden as páxinas 50 e 51 para CCNN, así como en LG realizaremos a lectura da páxina 52 e 53. Vídeo explicativo. Palabras sinónimas: exercicio Snappet.
- MATE: repaso Tablas 6, 7, 8 e 9. Aplicación
Snappet. Método Quizet páxina 6.
- LC: Tarea 16, Escritura.
MÉRCORES 25 DE MARZO DE 2020
- CCSS: funciones vitais, páxina 54 e 55, vídeo explicativo
- LG: as páxinas 57
e 58.
- MATE: método Quinzet páxina 8 durante 3 minutos. Ficha 23 de problemas.
- LC: ficha de juegos 9 e 10. Aplicación Snappet: “los artículos y su uso”.
- VALORES: elaborar unha ficha onde escribamos na parte dereita como nos sentimos agora e na parte esquerda como nos sentíamos antes que pasara todo isto.
XOVES 26 DE MARZO DE 2020
- CCNN e LG: CCNN páxina 59, esquema. En LG contidos básicos de ortografía “palabras con ga, go, gu” - ficha .
- MATE: método Quinzet páxina 9 durante 3 minutos. Repaso as horas, tanto en dixital como en analóxico
- LC: ficha 21 de Ortografía. Aplicación
Snappet: Ortografía “ga,go, gu”
VENRES 27 DE MARZO DE 2020
- CCSS: Ficha
- MATE: método Quinzet páxina 10, durante 3
minutos. Repasamos xeometría, o perímetro, os tipos de polígonos. Aplicación Snappet.
- VALORES: continuar coa ficha do día anterior se non a rematamos, como nós nos sentimos.
- PLÁSTICA: elaboración dun barco con material
funxible e reciclado. Esta actividade estaba programada dentro do Programa Voz Natura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario