Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os nen@s.
Podemos dicir, que como facemos todos os anos, despois de dar as notas xa estamos de vacacións. A pesar das circunstancias, hoxe será un día de ledicia e ás 20:00h verémonos e falaremos un pouquiño.
Aquí vos deixo as recomendacións do verán.
Un bico moi grande familias, descansade pero tamén repasade un pouquiño.
Parece mentira pero xa chegou o día onde estaríamos recollendo todo, facendo unha boa festa, comendo e bailando como nós o sabemos facer.
A pesares de ser algo tan atípico o luns vémonos en principio ás 20:00h para despedirnos dunha maneira máis formal.
Publícovos as misións finais de PT e AL que nos enviou a profe Lara mediante o seguinte vídeo.
Como sabedes eu para o ano que ven continuo no cole, pero hai profes como Marta e Miguel que o vindeiro curso estarán noutro centro. Hoxe queren decirvos unhas palabras e que seguro nos farán unha visita e vos desexan o mellor para o vindeiro curso.
Agora toca desfrutar e seguro que pasaredes un bo verán. Vémonos o luns no cole para a recollida de material e despois pola tarde para dicirnos unhas derradeiras palabras e recomendacións para as vacacións.
Un bico moi forte e desfrutade desta boa fin de semana que semella o tempo vai acompañar.
Despois de moito traballar chegamos a nosa derradeira semana de clase. Pero non por iso imos deixar de pasalo moi ben.
Esta semana faremos diferentes xogos durante cada día. Agardo que tod@s poidades ter acceso, xa que ás veces piden permiso sobre novos formatos ou políticas de privacidade. Os que non poidades velo, non pasa nada, comentádesmo e atopamos outras alternativas.
Mañá na clase online sobre todo comezaremos realizando unhas actividades para motivar as neuronas pero, tamén para falar e comentar como foi este trimestre e que cousas podemos mellorar de cara ao futuro. Non fai falla imprimir nada, nin ter os libros ou estoxos, agás se improvise algo cousa que non penso que suceda. Será un día para a reflexión!
Chegados a este punto, aínda non nos despedimos. O vindeiro luns 22 entregarase a cada unha das familias o material correspondente.
Gustaríame se se pode, que o luns 22 ás 17:00h tod@s nos puidésemos conectar para despedir o curso. Imos valorando este aspecto e mañá concretamos.
Moito ánimo para esta semana e descansade moito para mañá.
Un bico moi forte, Ale.
LUNS 15 DE XUÑO de 2020 Comezamos o día con Calentín
Chegamos ao noso derradeiro venres de Xornalistas do Pichel. Penso que foi unha sección moi productiva, xa que a maioría de vós así mo confirmáchedes. Sodes uns auténticos reporteiros/as, xa que penso que esta forma de dar clase foi moito máis divertida e significativa para tod@s vós.
Agora toca desfrutar do fin de semana e para iso déixovos algún vídeo para mover o esquelete, así como os Xornalistas explicando os seus intereses.
O fin de curso xa está ahí, e aínda que non pensábamos que sería así, quedan uns días para desfrutar da vosa compañía.
O luns coma sempre, tanto no horario de mañá como de tarde, dedicarémolo sobre todo a falar. Facer unha reflexión de como foi o confinamento, as clases, o material... Faremos unha primeira parte dedicado ao encontro entre todos nós, pero tamén na segunda parte as familias poderedes dar os vosos testimonios, falar de que cousas se poden mellorar de cara vindeiros cursos e que nos sirven de retroalimentación a nós como docentes.
Un saúdo moi forte e apertas mil. Déixovos algún novo xogo un pouco diferente, agardo que vos guste. O luns falaremos de que tal vos foi!
Esta semana hai diversidade de exercicios, pero sobre todo do que poidades ir facendo. Como hai diferentes niveis na aula, esta semana funcionamos mesturando todo tipo de actividades.
O que preciso é que vos guste o que vos poño, non quero agobios e facede segundo as vosas posibilidades. Todo o que o traballo feito durante todo o ano tívose en conta.
Polo tanto, mañá na clase online seguiremos a repasar algúns contidos como por exemplo as multiplicacións, así como algunha sorpresiña preparada.
Tamén quero remitirvos que xa rematamos con SNAPPET. Este venres será de xogos.
Comezamos en 3, 2, 1.
DICTADO CORRIXIDO
¿Por qué las luciérnagas producen luz?
Las luciérnagas son unos insectos que pertenecen al grupo de los escarabajos. Las hembras producen luz porque en el abdomen tienen unas sustancias químicas que las hacen brillar por la noche. Por esa razón, las podemos ver en la oscuridad.
Realizaremos un pouco de cálculo como as multiplicacións da pasada semana, polo que é necesario a ficha dos cadradiños. Tamén boli borrable e outro que non poda borrarse.
Revisaremos os libros de ciencias e mates. Practicaremos o ditado de Lengua Castelá no que á tarde poderedes corrixir.
Os exercicios de casa serán:
MATES: ficha 25 de cálculo e
operacións. Ficha 27 de problemas
O profe Miguel envíavos novas propostas de baile para pasalo moi ben durante estos días. Así poderedes repasar as cancións que traballáchedes neste curso.
Un saúdo moi forte de Miguel e a súa compañeira, a guitarra Lola.
MARTES 9
EDUCACIÓN FÍSICA
MATES:ficha 12 de tratamento da
información e 28 de problemas
Esta semana na área de lengua
castella, valores e plástica imos realizar unha liña do tempo. Por cada ano,
imos atopar unha fotografía e escribir unha oración. Déixovos o exemplo do
vídeo realizado polo alumnado de 3º sobre esta magnífica actividade. Polo
tanto, a actividade ten que
estar ben escrita con moi boa letra e presentación en LENGUACASTELLANA.
VENRES 12- XOGOS
Este venres o dedicaremos a practicar mediante o xogo.