miércoles, 15 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

REPASO LOS ARTÍCULOS



Los artículos el, la, los, las

NOVA MISIÓN AL- PT


NOVA MISIÓN

As mestras Lara e Carmen, como o mestre Suso queren propoñervos unha nova actividade. Coma sempre será moi divertida.

Podedes empregar os mesmos vídeos que me enviáchedes xa algún de vós para esta nova actividade, ou gravar outros novos.

Lembrade envialos ao correo de: ptalpichel@gmail.com

Tamén podedes ao noso da clase para publicalos tamén no blogue no apartado de CONTACONTOS: baixomesmoceo@gmail.com

Moito ánimo e a ler!!!!!!!!!!!!!!!!



CONTACONTOS - MES DO LIBRO



MES DO LIBRO E DOS CONTACONTOS


Como todas as promesas que vos fago tamén as cumpro, quero que durante este mes contemos moitos contos. 

Hoxe comecei con este vídeo de como me sinto e canto noto a vosa falta.

Para facer máis animado este tempo de confinamento nas nosas casas, propoño que cada un de vós conte un conto e o poñamos nesta apartado de contacontos que está adicado ao día do libro. Podedes facermo chegar como ata agora ao correo: baixomesmoceo@gmail.com

Agardo vos guste esta iniciativa, xa que hai moitas novas que ides a descubrir día a día.

Un bico enorme e desfrutade deste agasallo.

COMO LA TRUCHA AL TRUCHO!



 Conto sobre quererse a un mesmo


SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Boas nenos e nenas, familias, comunidade!

Benvidos ao terceiro e máis especial trimestre por todo o que está a suceder.

A día de hoxe soamente temos o comunicado na páxina oficial da Xunta agardando as novas directrices centrais de Madrid (Ministerio de Educación). Nestas páxinas podedes consultar diariamente calquera novidade acerca dos temas que se están a tratar.

Como á situación hai que facerlle fronte porque somos un campións e campionas tod@s nós, imos avanzar un pouquiño cada día sobre aqueles aprendizaxes que me gustaría que o alumnado seguira a traballar.

Polo tanto, comezamos a semana repasando para ir dando paso a novos contidos que agardo vos sexan do voso interese, xa que estiven lendo todas aquelas propostas escritas no blogue.

Pero non todo é contidos, avaliación, senon o que máis me ten preocupada é saber que estades ben. Todo o voso traballo ten o seu froito e polo tanto agardo que este agasallo que vos fago entrega vos guste tanto como a min.


UN CANTO AOS BIOSBARDOS!!!



GRAZAS POR SER E ESTAR!

A continuación, damos paso a programación desta semana:


PROGRAMACIÓN SEMANAL COMPRENDIDA ENTRE OS DÍAS 14 E 17 DE ABRIL

MARTES 14
  • Celebramos o Día do libro co visionado do conto: De mayor quiero ser ...Feliz
  • Actividades a realizar aparecerán no seguinte enlace

MÉRCORES 15

      CIENCIAS E LINGUA:
     Páxina 62, 63, 64 e 65.  Vídeo
Ditado (páxina 63) na libreta. 

LC
       Repaso dos pronomes (temos que sabelos todos menos os indefinidos), fichas 1 e 2.


MATES
Xogo de horas:  Horas  repasamos os ángulos  (Ángulos), tipos de triángulosPolígonosCírculo e circunferencia.


XOVES 16

CIENCIAS E LINGUA:
Páxina 66 e 67 e 71. Podedes realizar a páxina 70 se queredes. 

LC
     Conciencia fonológica: unha vez que fixemos o xogo, volvemos a escoitar e todas as palabras que adiviñei as escribo na libreta.  En total teredes un total de 17 palabras.

MATES
     Repasamos as táboas de multiplicar co seguinte xogo
    Aprendemos a multiplicarpor dúas cifras. 

VENRES 17
CIENCIAS E LINGUA:
   Repaso ósos e músculos


MATES
    Practicamos as multiplicacións, sumas e restas levando. 


VALORES E PLÁSTICA

Esta semana desexo abrir estar actividade ao resto do alumnado para traballar tanto en valores como en plástica.
Realizarase unha caixa de medicamentos imaxinando con todo aquel material reciclado como podemos coidarnos en tempos de confinamento. Esta actividade terá unha duración de dúas semanas.
Polo tanto os pasos a seguir son os seguintes:
1º Visionado dunha curtametraxe: Charlie e a fábrica de chocolate
(importancia da familia)

2º Enlace: realizamos unha caixa de primeiros auxilios

3º Pensamos e facemos un debuxo con dúas partes: como son eu coa miña familia e  de como sería eu sen a miña familia.





viernes, 3 de abril de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANA SANTA


PROGRAMACIÓN SEMANA SANTA


Durante estos días o que máis desexo é o que as nenas e os nenos descansen e desfruten doutra maneira.
Elaborei este xogo de Kahoot para observar como podemos ir aprendendo de múltiples maneiras e sobre todo, e sendo moi sincera con vós, preciso saber se todas as familias podedes acceder para comezar eu a programar á volta de Semana Santa, o vindeiro trimestre.
Está sendo moi complexo todo. Póñome na vosa situación e comprendo o esforzo que estades a facer, de verdade que non teño palabras para agradecervos o ben que o facedes. Para nós está sendo moi difícil tamén esta situación por non poder facer máis do que nos gustaría.

Así pois, para que a lectura non baixe de rendemento, atopei diferentes libros polo que escollín o seguinte: 

Durante este período gustaríame que o lesen e completasen a ficha de lectura como facemos todas as semanas no cole.


Para rematar,  estou vendo a maneira de facer un proxecto virtual e a partir de ahí, poder explicar aqueles contidos relevantes que elixamos no centro para o nivel de 2º Educación Primaria. Polo tanto, preciso que cada neno/a escriba na parte de mensaxes que é o que máis lle gustaría aprender no que queda de clase. Cales son os seus intereses neste momento.

Pídovos un pouco de paciencia, xa que pensade que as directrices en moitas ocasións veñen de Madrid, pasan pola nosa Comunidade Autónoma, pero despois, aínda van a Xefatura Territorial e Inspección. Así que todo isto leva o seu tempo.

Estou moi orgullosa de vós como familias, o ben que o estades a facer. Eu intentarei como ata agora, responder as vosas dúbidas. Estaremos de volta a actividade o martes 14 de abril.

Moita forza e ánimo familias!

XOGAMOS CON KAHOOT

Enlace kahoot: https://kahoot.it/challenge/0788530?challenge-id=32876fe2-67b0-43c7-b505-8c70d6346efd_1586287282112

Pin: 0788530




E A XOGAR!!!!!!!!!!

jueves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO



Hoxe día 2 de Abril celebramos, como fai un ano no centro, o Día Mundial de Concienciación do Autismo.


Aquí vos deixo un lazo por se queredes pintar de múltiples cores e un conto súper chulo. 










FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...