miércoles, 29 de abril de 2020

REPASO SEMANAL



Ola pequech@s!

Estades traballando moi pero que moi ben. A letra cada día mellor, a presentación debemos de coidadla e sobre todo ollo con escribir nas marxes do novo caderno. 




Dende a aula de Educación Física, Marta preparouvos estos novos retos chulísimos.:PINCHAR NA IMAXE




Tamén dende PT e AL teredes que investigar sobre da data do voso aniversario. Así que moito ánimo! PINCHAR NA IMAXE




O venres non teremos clase porque é festivo. O mesmo ocorre o luns, día 4 de maio, xa que era o festivo que como centro collíamos. Sentíndoo moito, o luns non teríamos clase online pola aplicación Cisco. 

En breves recibiredes unha mensaxe no Abalar Móbil remitido polo centro escolar.

O prometido é débeda polo que vos deixo un vídeo da explicación da multiplicación.



Por outra banda, algúns compañeiros están moi motivados e andan argallando un vídeos explicativos. Todo aquel que queira explicar algún contido dado ata o momento pode facer un vídeo moi cortiño de entre 1 ou 2 minutos e o subiremos ao blogue.



Eu adáptome aos vosos intereses e demandas. Como os bos cociñeiros e cociñeira.

 Así que,  OÍDO COCIÑA!!!!







Déixovos un pequeno esquena sobre a parte dada en ciencias esta semana: as Comunidades Autónomas. PINCHADE NA IMAXE 








lunes, 27 de abril de 2020

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

 Bos días familia!


Comezamos unha semana chea de cambios como por exemplo, as nosas clases online en dous grupos: uns ás 11:00h e outros ás 17:00h.

Nesta primeira clase, falaremos de como nos atopamos, teremos varias sorpresas e intentaremos resolver dúbidas, repasar contidos e incluso, aprender algo novo.
Polo tanto deixamos a programación para esta semana:

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL (1 de maio é festivo)

Revisamos os distintos blogues


                                Inglés                            Música                                Relixión



Luns 27 
  •  LG: exercicio 3 corresponde á páxina 103 do libro de Ciencias. Páxina 104, exercicio 4, 5 (paso 1 e 2); Páxina 105: paso 3 y 4. Inventar un conto
  • Fixemos o seguinte ditado na ficha 18 de ortografía de LC do libro. Se non tedes a ficha podedes facelo na libreta sen problema:
    • Hoxe comezamos con clases online.
    • Temos a sorte de vernos e falar un pouco.
    • Cantas gañas de xogar con todos!
    • Canto tempo estaremos así!
    • Onte por fin puidemos saír a dar un paseo.
    • Estivo xenial!
    • Medidas de lonxitude: Ficha 11 libro.
  • LC:   comezamos o día coas clase e cun reto de descifrar unha mensaxe secreta. Tarefa 19 de lectura, exercicios: 1, 3,4, 5 e 6 do libro



Martes 28
  • CCSS: páxina 92, 98 e 99 do libro. As Comunidades Autónomas.
  • LC:  tarefa 16 de escritura, exercicios: 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 do libro
  • MATE: ficha 28 numeración do libro.
    • Escribimos con letra os seguintes números no caderno novo de dobre pauta A4:
      • 15, 65, 378, 290, 1000, 5, 417, 990, 429 e 1100.
Mércores 29
  •  CCSS páxinas 100-101 do libro, seguimos coas comunidades.
    •  Repaso: ficha  1, ficha 2 
  • LC: 
    • Ficha 18 e 19 de ortografía do libro:
    • Ditado das seguintes oracións no caderno novo:
      • No ditado de oracións serían as seguintes:
      • El lunes tuvimos  clase con Ale por videollamada.
      • El viernes es festivo, no tendremos clase
      • Tengo muchas ganas de ver a mis amigos y poder jugar.
      • Mis compañeros son muy divertidos. ¡Los hecho mucho de menos!
      • ¿Qué día podremos volver al colegio? 
  • MATE:
    • Fichas 21 de cálculo do libro. Ditado de números: 1000, 985, 671, 1010, 504 e 342.
    • Ficha 24 de resolución de problemas do libro. Repaso sumas e restas levando.


Xoves 30 (traballamos con Snappet)
  • LG: unidade 10, exercicio 4 (r/rr), exercicio 8 de repaso
  • MATE:
    • Unidade 12, exame (é como un repaso)
    • Unidade 13, exercicio 1 os polígonos.
  • LC: 

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

 
Levamos semanas traballando a lectura, como poder animar os días dun xeito máis lúdico e sobre todo, didáctico. 


Dende a nosa clase para o blogue da biblioteca fixemos o seguinte vídeo onde damos consellos e ánimos para seguir desfrutando de cada unha das letras que compoñen as palabras que forman textos tan fermosos como os que lemos a diario.






Para iso tamén realizamos uns marcapáxinas decorativos.


                         

Tamén neste día do libro, podemos escoitar o conto que recibimos da nosa compañeira Iris. Un conto que nos lembra o compañerismo e a solidaridade, como tamén nos leu Alba V.









lunes, 20 de abril de 2020

PROGRAMACIÓN SEMANAL

PROGRAMACIÓN SEMANAL


VENRES 24 DE ABRIL DE 2020
Comezamos a traballar os venres, tal e como quedaramos, coa aplicación de SNAPPET.

Lembrade que tedes que entrar co voso usuario e contrasinal.
As tarefas son as seguintes:

  • LG:
    • Unidade 10, actividade de competencia lectora
    • Vocabulario: o monte
    • Familia de palabras
    • O luns faremos un ditado (preparade os bolis tanto azul como negro, así como o caderno en A4 a doble pauta)
  • MATE
    • Tema 11, cálculo exercicio 4
    • Tema 11, problemas exercicio 5
    • Tema 12: repaso das táboas de multiplicar (6,7,8 e 9)
    • Tema 12: calendario
  • LC 
    • Tema 1,actividade  5 o abecedario
    • Tema 1, actividade 6 as adivinanzas
    • Tema 1, actividade 8 repaso
Hoxe tamén é o que coñecemos polo venres das emocións, así que vos deixamos o enlace do blogue da bilbio como unha curtametraxe moi entretida.




Boa fin de semana pequech@s!


XOVES 23 DE ABRIL DE 2020


Hoxe celebramos o día do Libro. Déixovos un marcapáxinas para que pinten os nenos. Podedes enviarme algunha foto de como quedou.


                                



  • Actividade de LG: lectura do conto "O tempo do revés" e ficha de escritura. Data de entrega: o xoves 30 de abril. 
  • Subirei o vídeo do Día do libro ao longo da mañá.


  • Mate: repasamos tablas del 6, 7, 8 e 9.
  

 

  





MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2020

Na xornada de hoxe intentaremos realizar as seguintes tarefas en función das áreas que tocarían traballar no cole:


  • LG: Ditado na libreta ou folio do seguinte texto

Hoxe, mércores 22 de abril, celébrase o día da terra. Nós no colexio aprendemos durante este ano que temos que coidala. Temos tres reglas básicas: reducir, reciclar e reutilizar. Para celebrar este día realizaremos un debuxo sobre a o noso Planeta Terra. Poder ser nun caderno, folio, facendo unha manualidade.
Seguro que vos queda xenial. Moito ánimo!

Este sería o ditado, polo que no aspecto de valores, todos xuntos podemos ver o seguinte vídeo e facer un debuxo sobre o noso Planeta Terra. Pintado, decorado, como vos guste a vós.




  • MATE: repasamos as táboas de multiplicar: 2, 3, 4 e 5.
  

  

  • REPASAMOS LC: imos empregar para esta actividade un xornal, revista ou calquera outro documento que teñades por casa para poder recortar palabras e clasificalas en 4 columna. Lembraremos polo tanto os tipos de palabra en función das sílabas: monosílabas, bisílabas, trisílabas e polisilabas.




Tal e como algunha familia comentábame, déixovos de novo o enlace do blogue da Teacher Laura.
No apartado, 2º GRADE, está todo o material que a profe de Inglés vos vai subindo. 
Temos que lembrar que sobre todo é importante a parte auditiva, de ahí os vídeos e apps de xogos que recomenda. Un obxectivo de 2º de EP en inglés, non é a escritura. Así pois, non vos preocupedes que todo o importante está no blogue de inglés. Podedes revisar diariamente as actividades xa que son moi divertidas e amenas.



MARTES 21 DE ABRIL DE 2020

Dentro de dous días celébrase o día do libro. Estivemos traballando durante a semana pasada a expresión oral mediante as diferentes lecturas. Propóñovos para o día de hoxe as seguintes actividades:


CCNN-CCSS-LG:
1º. Pensar e escribir dous versos que rimen e teñan relación coa lectura. 

Por exemplo:

Se che gusta ler,
tes moito que aprender.

Desta maneira traballamos a rima, lingua galega e, tamén, a creatividade para o día do libro poder facer algo orixinal.

2º. Enviádesme as vosas propostas polo Class Dojo e se está perfecto, podedes incluso gravalo no móvil e enviarmo por Google Drive ou correo electrónico: baixomesmoceo@gmail.com

LC: practicamos as adiviñas (primeiro completan a ficha e antes de darlle a "Terminado" sacádelle a foto e podedes enviarma por Class Dojo)



MATE: repaso sumas e restas levando, xogo de tangram. Se non podedes acceder déixovos algunha ficha para xogar ao tangram:


Repaso multiplicacións, podedes escribir o resultado:

  

EF: esta semana a profe Marta preparounos unha serie de rutinas para realizar na casa e manternos en formar. Que ben o imos pasar tod@s!



Para rematar o día con moita enerxía, déixovos ao profe Miguel e ao seu grupo de Cholo e Nela coa nova canción a cerca de Ficar na casa e lavar moi ben as mans.






Hoxe comezamos unha nova semana pero dunha maneira diferente. O xoves celebraremos o día do libro, aínda que o levamos traballando durante esta semana pasada a través de diferentes contacontos.

Na xornada de hoxe como temos programado, ás 10:30 teremos unha reunión entre as familias a través da aplicación da Xunta de Galicia Cisco Webex. Intentaremos resolver tódalas dúbidas que se teñan e propoñer unha serie de medidas para levar a cabo este derradeiro trimestre.

Así pois, esta semana programo a partir das decisións que se tomen en dita reunión.

Non obstante, deixo as actividades para o día de hoxe:

LUNS 20 DE ABRIL DE 2020
  • Mate: repasamos as táboas de multiplicar co seguinte xogo de cálculo. 
Ficha interactiva, a primeira de todas facer e non fai falla imprimir: multiplicacións 

domingo, 19 de abril de 2020

COMEZAMOS A SEMANA CON NOVOS CONTACONTOS

O domingo recibín novos contacontos. Hoxe comezamos a semana podende escoitar estos contos tan fermosos das novas compañeiras. 

Moitas gracias a tod@s pola vosa participación.

Comeza contando o seu conto Ainoha...




Remata Nerea...


sábado, 18 de abril de 2020

MÓVETE NA CASA

Esta semana a profe Marta preparou un súper xogo divertidísimo.

Canto imos practicar tod@s. Estou desexando comezar!



FIN DE SEMANA DE CONTACONTOS

Para desfrutar do fin de semana. Algúns nen@s quixeron transmitir os seus contos e así podemos divertirnos escoitando e vendo aos nosos compis de aula.


Comeza Alba co seu conto...




Séguelle Iago...





Remata Nerea...







Grazas a tod@s por participar, estamos encantados, tanto a profe Lara, Carmen e Suso, coma min con tanta participación.

viernes, 17 de abril de 2020

CANTOS CONTACONTOS

Hoxe despedimos a semana cunha morea de contacontos.

 Estamos súper contentos e agradecidos de todo o traballo que estades a facer. 

Seguide así, sodes unhas campionas e campións!!


Elva comeza dándonos a benvida.



Continúa co seu contacontos



Segue Fernando...



Agora tócalle a Iria...





Continúa Hugo...


Ángel tamén nos prepara un contacontos...



Alba cóntanos un conto que nos gusta moito...


Lois tamén nos adica un tempo para contarnos un conto...




jueves, 16 de abril de 2020

SEGUIMOS A CONTAR CONTOS

Hoxe Manuel e Leo quixeron tamén participar contando os seus contos.

Que ben o fan todos estos nen@s!




miércoles, 15 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

REPASO LOS ARTÍCULOS



Los artículos el, la, los, las

NOVA MISIÓN AL- PT


NOVA MISIÓN

As mestras Lara e Carmen, como o mestre Suso queren propoñervos unha nova actividade. Coma sempre será moi divertida.

Podedes empregar os mesmos vídeos que me enviáchedes xa algún de vós para esta nova actividade, ou gravar outros novos.

Lembrade envialos ao correo de: ptalpichel@gmail.com

Tamén podedes ao noso da clase para publicalos tamén no blogue no apartado de CONTACONTOS: baixomesmoceo@gmail.com

Moito ánimo e a ler!!!!!!!!!!!!!!!!



CONTACONTOS - MES DO LIBRO



MES DO LIBRO E DOS CONTACONTOS


Como todas as promesas que vos fago tamén as cumpro, quero que durante este mes contemos moitos contos. 

Hoxe comecei con este vídeo de como me sinto e canto noto a vosa falta.

Para facer máis animado este tempo de confinamento nas nosas casas, propoño que cada un de vós conte un conto e o poñamos nesta apartado de contacontos que está adicado ao día do libro. Podedes facermo chegar como ata agora ao correo: baixomesmoceo@gmail.com

Agardo vos guste esta iniciativa, xa que hai moitas novas que ides a descubrir día a día.

Un bico enorme e desfrutade deste agasallo.

COMO LA TRUCHA AL TRUCHO!



 Conto sobre quererse a un mesmo


SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Boas nenos e nenas, familias, comunidade!

Benvidos ao terceiro e máis especial trimestre por todo o que está a suceder.

A día de hoxe soamente temos o comunicado na páxina oficial da Xunta agardando as novas directrices centrais de Madrid (Ministerio de Educación). Nestas páxinas podedes consultar diariamente calquera novidade acerca dos temas que se están a tratar.

Como á situación hai que facerlle fronte porque somos un campións e campionas tod@s nós, imos avanzar un pouquiño cada día sobre aqueles aprendizaxes que me gustaría que o alumnado seguira a traballar.

Polo tanto, comezamos a semana repasando para ir dando paso a novos contidos que agardo vos sexan do voso interese, xa que estiven lendo todas aquelas propostas escritas no blogue.

Pero non todo é contidos, avaliación, senon o que máis me ten preocupada é saber que estades ben. Todo o voso traballo ten o seu froito e polo tanto agardo que este agasallo que vos fago entrega vos guste tanto como a min.


UN CANTO AOS BIOSBARDOS!!!



GRAZAS POR SER E ESTAR!

A continuación, damos paso a programación desta semana:


PROGRAMACIÓN SEMANAL COMPRENDIDA ENTRE OS DÍAS 14 E 17 DE ABRIL

MARTES 14
  • Celebramos o Día do libro co visionado do conto: De mayor quiero ser ...Feliz
  • Actividades a realizar aparecerán no seguinte enlace

MÉRCORES 15

      CIENCIAS E LINGUA:
     Páxina 62, 63, 64 e 65.  Vídeo
Ditado (páxina 63) na libreta. 

LC
       Repaso dos pronomes (temos que sabelos todos menos os indefinidos), fichas 1 e 2.


MATES
Xogo de horas:  Horas  repasamos os ángulos  (Ángulos), tipos de triángulosPolígonosCírculo e circunferencia.


XOVES 16

CIENCIAS E LINGUA:
Páxina 66 e 67 e 71. Podedes realizar a páxina 70 se queredes. 

LC
     Conciencia fonológica: unha vez que fixemos o xogo, volvemos a escoitar e todas as palabras que adiviñei as escribo na libreta.  En total teredes un total de 17 palabras.

MATES
     Repasamos as táboas de multiplicar co seguinte xogo
    Aprendemos a multiplicarpor dúas cifras. 

VENRES 17
CIENCIAS E LINGUA:
   Repaso ósos e músculos


MATES
    Practicamos as multiplicacións, sumas e restas levando. 


VALORES E PLÁSTICA

Esta semana desexo abrir estar actividade ao resto do alumnado para traballar tanto en valores como en plástica.
Realizarase unha caixa de medicamentos imaxinando con todo aquel material reciclado como podemos coidarnos en tempos de confinamento. Esta actividade terá unha duración de dúas semanas.
Polo tanto os pasos a seguir son os seguintes:
1º Visionado dunha curtametraxe: Charlie e a fábrica de chocolate
(importancia da familia)

2º Enlace: realizamos unha caixa de primeiros auxilios

3º Pensamos e facemos un debuxo con dúas partes: como son eu coa miña familia e  de como sería eu sen a miña familia.





FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...