lunes, 23 de marzo de 2020

SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

Ola meus nenos e nenas!

Como estades? Teño moitas gañas de vervos e sobre todo de que me contedes como estades, como vos sentides, que me contedes o que facedes no voso día a día, así que animádevos a escribir no blogue en comentarios.

Como podedes ver parece que imos quedar uns días máis na casa pero iso non impide que non sigamos avanzando e repasando.
Tal e como falei co Equipo Directivo, imos ampliando os contidos para que non vos aburrades e pouco a pouco con pequenas explicacións iremos afianzando os contidos propostos.

Durante esta vindeira semana realizaremos diferentes actividades nas áreas correspondentes. Ao igual que en valores como en plástica. Na área de Inglés, xa a profe Laura vos estivo explicando os exercicios que podedes ver nas Apps, ao igual que en música tedes o blogue para consultar calquera dúbida.

Por certo, lembrade a historia que queremos facer entre tod@s, xa que estamos agardando polos primeiros traballos.

Un saúdo e agardo esteades tod@s ben.

Un bico enorme, Ale.


LUNS 23 DE MARZO DE 2020

CORONAVIRUS: vídeo explicativo e xogo

  • CCSS:  da ficha   de       repaso
  • LG: nomes individuais e colectivos
  • MATE: rutina diaria o número que é hoxe. Ficha 27 de Numeración. Vídeo
  • LC:  Ficha 22 de Lectura.
MARTES 24 DE MARZO DE 2020

  • CCNN e LG:  corresponden as páxinas 50 e 51 para CCNN, así como en LG realizaremos a lectura da páxina 52 e 53. Vídeo explicativo. Palabras sinónimas: exercicio Snappet. 
  • MATE: repaso Tablas 6, 7, 8 e 9. Aplicación Snappet. Método Quizet páxina 6.
  • LC:  Tarea 16, Escritura.


MÉRCORES 25 DE MARZO DE 2020

  • CCSS:  funciones vitais, páxina 54 e 55, vídeo explicativo
  • LG: as páxinas 57 e 58.
  • MATE:  método Quinzet páxina 8 durante 3 minutos. Ficha 23 de problemas.
  • LC:  ficha de juegos 9 e 10. Aplicación Snappet: “los artículos y su uso”.
  • VALORES:  elaborar unha ficha onde escribamos na parte dereita como nos sentimos agora e na parte esquerda como nos sentíamos antes que pasara todo isto.
XOVES 26 DE MARZO DE 2020


  • CCNN e LG:  CCNN páxina 59, esquema. En LG contidos básicos de ortografía        “palabras        con        ga,        go,        gu”  -    ficha .
  • MATE:  método Quinzet páxina 9 durante 3 minutos. Repaso as horas,  tanto   en       dixital como  en            analóxico
  • LC:  ficha 21 de Ortografía. Aplicación Snappet: Ortografía “ga,go, gu”
VENRES 27 DE MARZO DE 2020
  • CCSS:  Ficha
  • MATE:  método Quinzet páxina 10, durante 3 minutos. Repasamos xeometría, o perímetro, os tipos de polígonos. Aplicación Snappet.
  • VALORES: continuar coa ficha do día anterior se non a rematamos, como nós nos sentimos.
  • PLÁSTICA:  elaboración dun barco con material funxible e reciclado. Esta actividade estaba programada dentro do Programa Voz Natura.


domingo, 22 de marzo de 2020

INGLÉS


ENGLISH


Déchesvos de conta que a Teacher Laura está na aplicación de Snappet. Ademáis, tamén elaborou unhas recomendacións de diferentes Apps, así como enlaces interesantes

Canto imos aprender durante estos días coa Teacher!
Moito ánimo e revisade cada certos días Snappet por se tedes novas tarefas para realizar. Seguro que vos vai ir xenial, estou convencida!

Un saúdo da Teacher Lau!

viernes, 20 de marzo de 2020

CONCERTOS

HOXE TOCA...

PACO NOGUEIRAS actuará hoxe a través do seu canal de Instagram ás 16:45h. Podedes acceder a través do voso ordenaor, tablet ou móbil.


Un saúdo e agardamos que o pasedes súper ben.

jueves, 19 de marzo de 2020

BLOGUES

BLOGUES DE INTERESE

Esta nova xanela serve para que poidades estar en contacto coas páxinas web do propio centro, así como a da Xunta de Galicia a nivel educativo 
Ao igual que o blogue da biblioteca, así como o blogue que xurdiu de 3º B, da profe Laura e do profe Miguel, onde podedes ver vídeos sobre música. Tamén temos o blogue de 3º A da profe María.

Irei subindo algúns novos enlaces a medida que pasen os días, con novos xogos, retos e actividades.

Ánimo campionas e campións!
















miércoles, 18 de marzo de 2020

E AGORA QUE?


MÉRCORES 18-03-2020



Lembrades cando no cole falabamos de situacións moi complexas. Algunhas delas foran as do Prestige, o non ter auga nas casas debido a obras, algunhas situacións no cole que no nos gustaban (pelexas entre compañeir@s, insultos, empurróns, etc), a situación de Malala no seu país, a morte de animais polo plástico, a contaminación, enfermidade dos nosos seres queridos, as guerras noutros países e a  e agora isto que nos está ocorrendo.

Cada un na súa casa está vivindo unha situación diferente, pero que a súa vez tod@s comprendemos porque tamén a vivimos. Estar moito tempo nun mesmo lugar, non poder ir ao parque, ao cole, ir traballar, non poder ver os nosos amig@s, non tomar un refresco no bar onde íamos sempre, non poder comprar sen sentirse controlados porque non podemos coller todo o que queremos é algo que fai unha semana non ocorría.


Por iso, sento a necesidade que máis ca nunca esteades en contacto comigo e eu con vós. Moitas veces me preguntades, Ale e agora qué?, que fago?, queres que che axude?, podo ir?, moitas preguntas que as veces eu podo responder e outras non.

Pois ben, agora meus pequech@s é o momento de ser e estar na casa coa vosa familia. Seguir día a día axudando na casa a recoller os pratos da mesa, aprender a atar os cordóns, a ser cada día máis responsables e a pensar que dentro dunhas semanas xa estaremos tod@s de novo xunt@s. Correndo polo patio, aprendendo a multiplicar por dúas cifras, a realizar contos creativos cos dados de historias, a investigar máis en ciencias, a prender as nosas partes do corpo e de cómo funciona este.

Todo isto que estamos a facer dentro de 20 anos, como sempre vos digo eu cando sexa algo maior, será lembrado como parte da nosa historia. Quero que os vosos recordos destes días non sexan de medo, do que vai pasar, que esteades nerviosos, senón todo o contrario. Así pois, tiven unha idea. Quero elaborar un conto online! 
Para isto imos seguir unha serie de pasos:

PASOS A SEGUIR

1º.  Temos que escoitar o vídeo da Ra para estar relaxados 

2º.  Imos ir ao espello do baño e mirarnos fixamente como somos e como nos sentimos

3º. Debuxaremos nun folio ese estado de como me atopo, intentade que non vos axuden, xa que é mellor que o fagades como vos sentides de verdade (os que teñen irmáns e irmás tamén o poden facer, con algo de axudiña non estaría mal para eles/elas).

4º. Nerea Álvarez comezaría a historia, xa que a imos facer por orden de lista para levar eu un control. Eu tamén participarei.

5º. Redactarei a vosa historia cando todo o mundo xa participara e intentarei contárvola nun vídeo gravado dende a miña casa.

As vosas aportacións do conto é mellor que as escribades nesta entrada do blogue, se alguén ten problemas enviádeas ao Class Dojo e eu as colgarei aquí.

Agardo vos guste esta iniciativa e pensade que desta situación imos saír moito máis reforzados e valorando o que temos no noso día a día.



martes, 17 de marzo de 2020

EN FAMILIA

MATERIAL GRATUITO E DESCARGABLE

Debido a esta nova etapa que estamos a vivir, moitas editoriais, Apps, tiveron a idea de ofrecer de maneira gratuita o seu material ás familias.
Polo tanto, aquí vos deixo uns enlaces para toda a familia, así como actividades para aqueles máis pequech@s:




lunes, 16 de marzo de 2020

DENDE A MIÑA FIESTRA

DENDE A NOSA FIESTRA

Bos días familia, bos días nenas e nenos!

Ante esta situación tan inusual temos que verlle o lado positivo. Lembrades cando ás veces non nos saen as cousas ou mesmo eu teño erros como o de pintar a caixa? Lembrades o que fixen? Se a caixa non vai pintada como eu quero, pois intento darlle máis vida con cores inusuais. 

Con esta situación pasa o mesmo. Que podemos aproveitar para aprender con isto?
  • 1º Estamos coa nosa familia máis tempo e é unha oportunidade para coñecernos máis
  • 2º Imos ter contacto directo tódolos días conmigo, xa sexa mediante o blogue como pola aplicación do Class Dojo
  • 3º Levaremos a cabo as mesmas rutinas que no cole (revisión do calendario apuntando o día que é hoxe, cal foi onte e cal será o de mañá, o tempo que fai, que día vai antes, cal vai detrás...) Para iso subireivos un documento para que o podades facer na casa como facemos no cole.
Polo tanto comezamos a expoñer o diario que iremos facendo diariamente coas actividades a realizar.

VENRES - DÍA 13 DE MARZO DE 2020
As actividades a realizar seguirán o modelo do horario que se ten marcado e aprobado na Progración Xeral Anual e na propia Programación de Aula.

  • 1ºh: Mate (ficha 26) Numeración
  • 2ºh: Inglés
  • 3º h: Relixión/valores 
  • 4º h e 5º h: Ciencias, xa que na aula estaríamos realizando o proxecto de Educación Responsable (Reflexarte co profesor Suso).
Polo tanto, sería CCSS e LG (páx: 40, 41, 42).

LUNS- DÍA 16 DE MARZO DE 2020
  • 1ºh: Rutina de aula (el número sería el 16 en el día de hoy), así como ficha 20 de LC, apartado Ortografía

Resultado de imagen de NUMERO PROTAGONISTA plantilla
  • 2ºh: Mate (ficha 20 de cálculo)
  • 3ºh: Música 
Presentación da artista e fichas de repaso onde poden pintar os nen@s:
https://www.compostelacultura.gal/sites/default/files/unidade_didactica_post_de_aqui_para_ala.pdf (intentade primeiro facer os exercicios que vos gusten sen mirar as respostas e despois o correxides como nós na clase)

  • 4º h e 5º h: LG e  CCSS (páx: 43, 44,45,46,47 e 48) xa que é a lectura do novo tema.
Así pois... LEMBRADE
Envíovos toda a programación desta semana, iso sí, por favor ide facendo cada día os exercicios que correspondan. Non adiantedes traballo.











ENLACES DO DOCUMENTO ANTERIOR:
No blogue non me deixa subir o documento e teño que ir sacándolle fotos.



ENLACES PARA XOGAR

Envíovos enlaces para xogar e facer sumas e restas levando, descripciones (https://materialeducativo.org/fantastico-material-para-trabajar-la-descripcion-con-animales-en-primer-y-segundo-grado-de-primaria/)


https://www.orientacionandujar.es/2018/08/07/escritura-creativa-a-traves-de-descripciones-de-personas/ipcións...
https://www.eduludik.com/bingo-sumas-restas/
https://www.orientacionandujar.es/2015/01/16/material-manipulativo-el-bingo-de-las-tablas-de-multiplicar-editable/

Crucigramas
https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/cuadernillo-crucigramas-animales

Sudokus

https://www.sudoku-online.org/

Juego de diferencias

https://www.epasatiempos.es/buscar-diferencias.php?df=470

PROBLEMAS
https://www.aulapt.org/2014/05/08/problemas-de-razonamiento-logico-para-todas-las-edades-nacho-v-g/2o-problemas-2/

ATENCIÓN
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2019/10/dislexia-palabra-incorrecta.pdf

LENGUA
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/09/comprension.pdf
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/09/palabras-compuestas.pdf
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/02/antonimos-tema-5.pdf
Esquema para realizar unha historia: http://www.eduplace.com/graphicorganizer/spanish/pdf/storymap1.pdf
Crear un cuento:
https://docs.google.com/file/d/0Bycgs6c4IsukaUR6cHMwODVRN0k/edit

LECTURA
https://www.cuentosyrecetas.com/cuentos-de-amistad-el-pinguino-y-sus-amigos/

CIENCIAS
https://www.aulapt.org/2015/01/09/investiga-animales-arquitectos/
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/10/las-plantas-dan-alimento.pdf
https://www.abcteach.com/free/s/spanish_elsistemasolar%5b1%5d%5b2%5d_editado.pdf
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/03/solidos-o-liquidos.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-9-EL-PAISAJE.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-10-EL-AGUA.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-11-LA-ATMOSFERA.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-8-LAS-3-ERRES.pdf
https://www.aulapt.org/wp-content/uploads/2012/09/TEMA-2-LOS-ANIMALES.pdf


MOITAS GRACIAS E ÁNIMO QUE XUNTOS SUPERAREMOS ESTA ETAPA!!!1


MARTES- DÍA 17 DE MARZO DE 2020

Bos días familia, un novo día para comezar con ánimo e esperanza a xornada.

Segundo pasan os días os nen@s están máis cansados e polo tanto vexo prudente comezar a subir vídeos para relaxarse e que teñamos paciencia.

Ademáis, algún de vós manifestoume a idea de repasar as horas e atopei algúns xogos como os seguintes:
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/115_el_reloj/
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos/que_hora_es/que_hora_es.htm

Por outra banda, tamén podedes xogar a facer compra na casa, xa que comezamos a traballar cos billetes e as monedas.
Algunha manualidade e algunha lectura.

Lembrade, todo este material é voluntario, non é obrigatorio porque son xogos e actividades de ampliación pero prefiro que o teñades porque así cada familia o xestiona a súa maneira.

Un saúdo e estamos en contacto. Por certo, podedes escribir por aquí calquera cousiña e me ides contando como o estades a pasar na casa ou se hai algún tema que vos gustaría traballar.
Un bico enorme e coidádevos moito!

MÉRCORES- DÍA 18 DE MARZO DE 2020


Bos días familia!

Comezamos polo noso terceiro día de clase dende a casa.
Para hoxe, tal e como tedes na programación, tocaría o "DICTADO-EL HUERTO DE MI ABUELO" pertence á ficha de LC, en concreto a ficha 20 de ortografía.

Na área de matemáticas, como tódolos días podedes facer unha folliña do método Quinzet, se o outro día facíamos a primeira páxina, hoxe continuamos coa páxina 5, así xoves sería a páxina 6 e venres a páxina 7, xa que aínda que son días festivos é práctica que é bo facer.

Quero lembrarvos, que mañá e pasado non subirei ningún material adiccional xa que é festivo, penso que tedes bastante nos enlaces e ademáis das aplicacións que xa estiven revisando e 
gústanlles moito aos 
peques.

Polo tanto, o horario de hoxe sería este, xa que terían inglés polo que poden repasar o que fixeron na aula (días da semana, partes da casa,...), e en valores, hoxe todos xuntos analizaremos a canción, 
Codo con Codo.

Non obstante, quería iniciar unha idea. Gustaríame que cada un de vós pensaxe hoxe como se sinte, 
que cousas valora de estar na casa, cales bota en falta, como lle gustaría que cando volva a rutina da 
súa vida espera mellorar, porque desta situación temos que aprender algo, e todos e todas ímolo poñer en práctica, eu a primeira.
Por iso, na medida do posible, agardo darvos unha sorpresa e que vos guste.



Todos esos comentarios podedes facelos no propio blogue, xa que vou abrir unha novo fiestra que
 poña " ¿?".

En ciencias repasade todo o que vos puxen nos enlaces, xa que non podo adiantar materia nova tal e 
como o pon nas instruccións indicadas pola Xunta de Galicia.
Iso si, vós podedes ir lendo e investigando pola vosa conta o que traballaremos máis adiante, a lectura non ocupa lugar, jajaja.


Estou a vosa disposición e seguide aguantando para que esta situación mellore.
Calquera cousiña me ides comentando.


FIN DE CURSO

OFICIALMENTE, XA ESTADES DE VACACIÓNS DE VERÁN! Hoxe todas as familias recollíchedes o material, así como un pequeno agasallo para os...