MÉRCORES 18-03-2020
Lembrades cando no cole falabamos
de situacións moi complexas. Algunhas delas foran as do Prestige, o non ter
auga nas casas debido a obras, algunhas situacións no cole que no nos gustaban
(pelexas entre compañeir@s, insultos, empurróns, etc), a situación de Malala no
seu país, a morte de animais polo plástico, a contaminación, enfermidade
dos nosos seres queridos, as guerras noutros países e a e agora isto
que nos está ocorrendo.
Cada un na súa casa está vivindo
unha situación diferente, pero que a súa vez tod@s comprendemos porque tamén a
vivimos. Estar moito tempo nun mesmo lugar, non poder ir ao parque, ao cole, ir
traballar, non poder ver os nosos amig@s, non tomar un refresco no bar onde íamos
sempre, non poder comprar sen sentirse controlados porque non podemos coller
todo o que queremos é algo que fai unha semana non ocorría.
Por iso, sento a necesidade que
máis ca nunca esteades en contacto comigo e eu con vós. Moitas veces me
preguntades, Ale e agora qué?, que fago?, queres que che axude?, podo ir?,
moitas preguntas que as veces eu podo responder e outras non.
Pois ben, agora meus pequech@s é
o momento de ser e estar na casa coa vosa familia. Seguir día a día axudando na
casa a recoller os pratos da mesa, aprender a atar os cordóns, a ser cada día
máis responsables e a pensar que dentro dunhas semanas xa estaremos tod@s de
novo xunt@s. Correndo polo patio, aprendendo a multiplicar por dúas cifras, a
realizar contos creativos cos dados de historias, a investigar máis en
ciencias, a prender as nosas partes do corpo e de cómo funciona este.
Todo isto que estamos a facer dentro de 20 anos,
como sempre vos digo eu cando sexa algo maior, será lembrado como parte da nosa
historia. Quero que os vosos recordos destes días non sexan de medo, do que vai
pasar, que esteades nerviosos, senón todo o contrario. Así pois, tiven unha idea.
Quero elaborar un conto online!
Para isto imos seguir unha serie de pasos:
PASOS A SEGUIR
1º. Temos que escoitar o vídeo da Ra para
estar relaxados
2º. Imos ir ao espello do baño e mirarnos
fixamente como somos e como nos sentimos
3º. Debuxaremos nun folio ese estado de como me
atopo, intentade que non vos axuden, xa que é mellor que o fagades como vos
sentides de verdade (os que teñen irmáns e irmás tamén o poden facer, con algo
de axudiña non estaría mal para eles/elas).
4º. Nerea Álvarez comezaría a historia, xa que a
imos facer por orden de lista para levar eu un control. Eu tamén participarei.
5º. Redactarei a vosa historia cando todo o mundo
xa participara e intentarei contárvola nun vídeo gravado dende a miña casa.
As vosas aportacións do conto é mellor que as
escribades nesta entrada do blogue, se alguén ten problemas enviádeas ao Class
Dojo e eu as colgarei aquí.
Agardo vos guste esta iniciativa e pensade que
desta situación imos saír moito máis reforzados e valorando o que temos no noso
día a día.